2ª SEMANA DA RADIO

Mostrando entradas con la etiqueta 11ª Semana da radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 11ª Semana da radio. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de octubre de 2017

Finalmente, uns meses despois de poñer o punto e final a este proxecto, a plataforma eTwinning fainos entrega da maior distinción que entrega, o Selo de Calidade Europeo.
Merito dos alumnos e alumnas dos países que traballaron man a man.
Para vós é.


miércoles, 21 de junio de 2017

O diario de Trudi

Aquí tedes, por se queredes botarlle unha ollada, o diario de Trudi. Todas as súas aventuras por Europa recollidas nun fermoso caderno azul.






















E finalmente, Trudi volve a casa...

E ao final, Trudi volveu ao noso cole. Traía consigo toda unha serie de lembranzas do seu paso polos diferentes países europeos. Nesta viaxe que durou o curso enteiro fixo un montón de amigos, coñeceu lugares lonxanos e aprendeu como viven estudantes coma nós pero noutros lugares. Con Trudi volveu o seu diario, ese diario onde foi escribindo todo para que nós agora podamos aprender del.
Canso e contento,Trudi volve a estar na nosa aula.
O ano que ven, quizais se embarque noutra viaxe, noutra aventura. De momento, toca descansar.

Trudi e o seu diario, xa de volta

Un diario cheo de aventuras

jueves, 8 de junio de 2017

Quen queda? Gigi, a mascota Italiana

Dende Sicilia chegou a derradeira mascota, exactamente do colexio ITES " Don Luigi Sturzo", deBagheria. Un simpático lobo que tamén aprendeu moito sobre Galicia, igual que nós aprendemos sobre estes países europeos que compartiron as súas vivencias nos diarios.


Eran os últimos días do curso, a calor xa comezaba a facer a súa presencia. Algúns sentían un pouco de agobio polos últimos exames do curso, pero sabendo de todo o traballo que se fixo e que sen dúbida había que valorar. 5º de Primaria pronto quedaría atrás, e con el os recordos e lembranzas que permanecerán para sempre na nosa memoria. Foi un curso longo e non diremos que doado, pero si un curso onde tivemos a posibilidade de facer un montón de cousas interesantes. E tamén estudamos moito, por suposto.

O ano que ven, estaremos en 6º, o derradeiro curso de Primaria, e logo daremos o salto á ESO. Ao final, a vida é iso, ir dando pasiños cara diante e disfrutando os momentos. Neste curso tivemos a posibilidade de coñecer nosos amigos, e con iso quedamos. O que virá mañá... non o sabemos. Pero polo menos que sexa tan emocionante coma isto.




Miko, a mascota de Polonia

O curso seguía o seu avance con bo ritmo, e chegounos en primavera Miko, a mascota de Polonia. Miko é un simpático osiño branco que viña do colexio Zespół Szkół Ogólnokształcących nr 3, (Wrocław). Con Miko tamén pasamos as nosas aventuras porque coincidiu con algunhas das historias máis interesantes do curso, como a nosa saída ás Illas Cíes.
Con Miko, a mascota de Polonia

Un novo amigo que coñecemos e que compartiu momentos divertidos coas dúas clases de 5º de Primaria.

Nas Illas Cíes, aprendendo do noso entorno e a súa biodiversidade
Este é o diario de Miko, no que naturalmente escribiu as súas andanzas na nosa terra, e onde leva o noso cariño.





María Canosa e Pekka Poro

Este curso, igual que outros anos, visitáronnos algúns autores e autoras de literatura infantil. Sabemos que ler é moi importante e gústanos mergullarnos en bos libros para simplemente divertirnos. Algunhas veces, mesmo aprendemos moito.
Neste curso visitáronnos An Alfaya e María Canosa.
Esta última, María, é a autora de moda. Acaba de gañar o Premio Merlín da editorial Xerais, que é o premio máis importante que se da en Galicia á literatura infantil. Pois debimos traerlle sorte, porque un par de meses antes estivo con nós no cole. Achegouse para falar dun libro que limos: Rubicundo. Unha historia fantástica que nos atrapou dende o principio e da que tivemos a sorte de falar coa súa autora, María Canosa.
E a quen se atopou María cando estivo no cole? Pois claro, a Pekka Poro, a mascota de Finlandia que aínda estaba en 5º. Que curioso encontro o de María e Pekka. E nós estabamos alí para sacar a foto que o demostra.

Pekka Poro aprendeu un pouco de galego para poder ler Rubicundo

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria con María Canosa que sostén a Pekka Poro no colo

Nadal con mascota

O Nadal, como dicía na entrada anterior, foi un momento moi especial. Non só porque é unha data chea de emoción, senón tamén porque coincidía co 50 aniversario do cole. 
Para nós foi un pracer participar no festival de Nadal deste ano e ademais facelo coa mascota que nese momento compartía o tempo connosco.

Paolo no hall do cole

50 anos, 50 Nadais

Pekka Poro, a mascota que chegou do frío


Pekka Poro, a mascota de Finlandia
A segunda mascota en chegar fíxoo dende un país ben lonxano, Finlandia. Alí podemos atopar o colexio Maunulan yhteiskoulu ja Helsingin matematiikkalukio, de Helsinki. A súa mascota chamábase Pekka Poro e viña coa vestimenta propia do país, un dos traxes tradicionais.

Pekka Poro non chegou a tempo de pasar connosco o Nadal e coñecer de primeira man como celebramos nós estas festas. Ademais, foi un Nadal moi especial porque o noso centro celebraba o seu 50 aniversario. Pero sí que puido pasar momentos de moita ledicia cos rapaces e rapazas de 5º de Primaria.


Pekka Poro no porto de Vigo
Este curso, ademais deste proxecto, estivemos metidos nalgún outro. Todo sexa para non aburrirnos e para facer a ensinanza máis emocionante. Un deses proxectos levounos a participar no concurso do xornal escolar que propuxo por segundo ano o Faro de Vigo. Durante varios meses estivemos escribindo artigos e facendo entrevistas para ao final confeccionar o noso xornal, que quedou máis que chulo.
Pekka Poro acompañounos nalgunha das saídas que fixemos. Neste caso ao auditorio Mar de Vigo.
Iris con Pekka Poro na entrada do auditorio Mar de Vigo
Dentro do auditorio


Por certo, o noso xornal foi o gañador do 1º Premio!!! Unha alegría enorme de saber que o traballo ben feito ten a súa recompensa.


Paolo, a mascota que chegou de Francia

Máis ou menos cada dous meses chegaba ao noso centro unha mascota dun dos países participantes neste proxecto. A primeira en facelo foi Paolo, a mascota de Francia, un simpático animaliño azul que compartiu connosco algúns momentos inesquecibles.
Esta mascota chegou do colexio:  Collège Robert Doisneau, (DAMMARIE LES LYS) de Francia.




Paolo na nosa aula

Todos emocionados de que chegara Paolo ao noso cole

Trudi preséntase

Aquí tedes a presentación da nosa mascota Trudi no seu diario. Deste xeito, cando os rapaces e rapazas doutros lugares de Europa abrisen o noso paquete, coñecerían un pouco máis a este simpático ourizo.
Está en castelán porque é o idioma que nos xuntaba a todos os participantes neste proxecto, e foi escrito polos alumnos/as de 5º de Primaria.


¡Hola! Me llamo Trudi Pinchitos y soy un erizo. Soy un erizo pequeñito de color marrón, tengo un hocico negro y unas patitas gordas, como mi padre y mi madre. De pequeño me metía en muchos líos por culpa de mis púas. Nací en Santiago de Compostela y recorría sus calles con mis amigos. Lo pasábamos muy bien todos juntos.
Hace unos años hubo una guerra de erizos y mi padre me metió en una caja y me envió a la provincia de Pontevedra. No quería que me hicieran daño. Ahora vivo en Vigo muy cerquita de la playa. Allí encontré un colegio llamado Divino Salvador. Me gustó tanto ver jugar a los niños y niñas allí que me hice una madriguera cerca. Y me hice amigo de los alumnos de 5º, que son muy simpáticos.
De mi familia a quien más echo de menos es a mi abuelo Quetepincho.

Si tengo que hablaros de mí, os diría que me gusta viajar y cantar. Me encanta ver sitios nuevos. Y también me gusta volver a Santiago para ver llegar a los peregrinos. Ahora mismo el lugar que más me apetece visitar son las Islas Cíes, así también subiría en barco por primera vez.
No me gusta nada que los niños me asusten ni que se hagan daño. Mi comida favorita es el escarabajo a la parrilla, aunque los caracoles tampoco están mal.
La estación del año que más me gusta es el otoño, porque puedo jugar con las hojas marrones. Mi fiesta preferida es el magosto. El magosto es una fiesta en la que comemos castañas y nos pintamos de negro con ellas. También me gusta mucho la Navidad; me encanta cantar villancicos. Y no hablemos de Halloween. Para mí es fácil asustar a la gente y que salgan corriendo. Se les caen todos sus caramelos, ¡qué risa! Después me los como casi todos. Guardo algunos para mi abuelo. ¡Están tan buenos!
Mi mayor deseo es viajar mucho y conocer nuevos amigos de países distintos. 


A nosa mascota: Trudi

Despois de darlle varias voltas (como debe ser) eliximos como mascota a un simpático ourizo de nome Trudi. Mercámoslle un caderno onde fose escribindo as súas andainas por Europa e mandámola cara Italia, no seu primeiro paso.
Trudi coñecería durante este curso cinco países europeos ben diferentes e volvería connosco a finais de xuño para contarnos todo o que viu e aprendeu.



As mascotas teñen un certificado

A plataforma europea Etwinning aceptou o noso proxecto e mandounos un certificado conforme. Estivo exposto na aula todo o curso. Isto animounos, sabendo que o noso proxecto era importante.


As mascotas van de viaxe


Información do proxecto

Varios países europeos atópanse ao redor deste proxecto: unha mascota viaxa por Europa e redacta o seu diario de a bordo. Cada etapa é unha ocasión para descubrir como viven os nosos veciños europeos: os seus costumes, as festas navideñas, a gastronomía, os ritmos escolares...
Hai tantas mascotas como países que participan. En cada escala, os alumnos acollen á mascota e len a súa ficha de identidade (creada polo primeiro colexio), logo escriben unha nova páxina do diario falando en primeira persoa, desde o punto de vista da mascota (é dicir como un turista que descubrise unha nova cultura).
Ao final do ano escolar, a mascota volve ao seu colexio inicial e os alumnos descobren o seu recolleito e o seu diario completado.


Obxectivos


  • Mellorar as competencias dos alumnos en linguas estranxeiras.
  • Desenvolver a motivación dos alumnos para aprender unha lingua estranxeira poñéndoos ao contacto doutros alumnos que tamén aprenden este idioma e tomando conciencia de que unha lingua tamén se fala fóra das súas fronteiras.
  • Iniciar aos alumnos á escritura colaborativa.
  • Descubrir países europeos e familiarizarse coa súa cultura.


Proceso de traballo


Cinco colexios van participar (Francia, Italia, España, Polonia, Finlandia):


- NOVEMBRO: cada colexio crea o seu mascota e redacta o seu ficha de identidade (envío das mascotas cara ao seu primeiro destino antes de Nadal)
- DECEMBRO: a mascota describe as festas navideñas do seu primeiro destino
- XANEIRO: a mascota describe a cidade, os monumentos, os comercios.
- FEBREIRO / MARZO: descobre o cotián doutros alumnos (conta un día típico: clases, horarios, actividades extraescolares)
- ABRIL: a mascota interésase pola gastronomía, explica como se organizan as comidas, proba unha prato típico, conta unha cea no restaurante e volve cunha receita.
- MAIO: a mascota volve ao seu colexio inicial.


O diario da mascota será ilustrado con fotos sacadas polos alumnos.
Tamén se utilizará o twinspace para seguir a mascota nas súas diferentes etapas.


Resultados esperados


Creación dun diario de a bordo (escritura colaborativa)


Membros do proxecto

  • carmela lupo carmela lupo
ITES " Don Luigi Sturzo", Bagheria (PA) Italia
  • Karolina Milewicz
Zespół Szkół Ogólnokształcących nr 3, Wrocław Polonia
  • Maija Vanhanen
Maunulan yhteiskoulu ja Helsingin matematiikkalukio, Helsinki Finlandia
  • Périne Garnier (Fundador/a)
Collège Robert Doisneau, DAMMARIE LES LYS Francia
  • Javier Estévez (Fundador/a)

Colexio "Divino Salvador", Vigo España




XI Semana da Radio

Como pasan os anos! Así, sen case decatarnos, sobrepasamos as dez edicións da Semana da Radio. Agora que está en boca de todos a innovación educativa, este proxecto pretendeu dende o seu comezo "sacar" a educación da aula e plantexar que se pode educar doutro xeito. Aprender, como din os últimos avances en neurociencia, ten moito que ver coas emocións, e para educar temos que ter esto presente e introducir os contidos dunha forma atractiva, dinámica e emocionante. Ese foi o impulso que nos levou a crear esta Semana da Radio hai xa algúns anos.
Chegamos á nosa XI edición. Queríamos nesta ocasión facer algo especial. Por iso, a comezos de curso puxémonos en contacto con outros coles europeos a través da plataforma Etwinning para comezar un proxecto que nos unira un pouco a todos. "As mascotas van de viaxe" foi este proxecto. A nosa pretensión foi crear un espazo común a través dunha mascota viaxeira, unha por cada cole. Que fose a mascota a que nos "obrigara" a escribir sobre a nosa vida, os nosos costumes, a nosa gastronomía, o noso entorno... con elas, atopamos os nosos puntos en comúns e celebramos as diferencias que, en lugar de separarnos, nos unen. Establecemos coas mascotas como nexo, un fío común con outros rapaces e rapazas europeos para iniciar unha conversa que nos faga ver máis aló da nosa cidade, do noso lugar.
Nas vindeiras entradas presentaremos ás mascotas e falaremos do noso traballo. Falaremos da xente, dos nosos veciños e, sobre todo, do emocionante que pode ser aprender.
Un proxecto europeo, un proxecto feito dende o corazón.
Acompañádenos.