2ª SEMANA DA RADIO

Mostrando entradas con la etiqueta Gciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gciencia. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2015

Gciencia



Gciencia é a páxina sobre ciencia en galego máis importante e cumpre un ano como medio dixital de referencia en Galicia.
A web da ciencia galega celebra o seu primeiro aniversario consolidada entre os oito primeiros diarios de Galicia en Internet e primeiro nativo dixital.
Eles mesmos cóntano:

"Cumprimos un ano e chegamos ao máis alto. GCiencia está de aniversario o 25 de novembro e celébrao convertido noprimeiro medio dixital nativo de Galicia (ránking Alexa outubro 2014) e o oitavo galego en Internet, por riba das versións dixitais de xornais de gran tradición como Atlántico Diario, Diario de Arousa ou El Ideal Gallego. Somos o medio de referencia para a investigación, a innovación e a ciencia na Comunidade.
Ao longo destes 12 meses, publicamos982 artigos, reportaxes, entrevistas, blogs, fotografías e contidos audiovisuais. Contamos coa colaboración de científicos de recoñecido prestixio, a través de tribunas de opinión. E demos conta, día a día, das novidades da ciencia en Galicia, tamén a través das redes sociais, chegando a amplos públicos a través de Youtube, Facebook, Menéame, Twitter, LinkedIn ou Google Plus.
GCiencia é unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S.L.creada e codirixida por Pablo López e Eduardo Rolland, dous xornalistas de contrastada traxectoria profesional. O seu coordinador dixital é Alberto Quian. Neste primeiro ano, os contidos ofrecidos pola plataforma dixital suman máis dun millón de visitas que chegaron dende a práctica totalidade de países do mundo, con noticias que alcanzaron picos de decenas de miles de clics.
Tamén ofrecemos en directo algúns fitos científicos, como o lanzamento do satélite Humsat-D, da Universidade de Vigo, en vídeo por streamming dende Rusia. Ou a cometizaxe da nave Philae dende a sonda Rosetta, con imaxes cedidas pola Axencia Espacial Europea.
GCiencia é, con El País, Efe e TVG, un dos catro únicos medios de comunicación que aparecen no listado da Fecyt. En Galicia, só outras sete institucións superaron o proceso de selección: os concellos de Pontevedra e A Coruña, a Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela, TVG e as entidades Ceo Aberto e SGAPEIO.GCiencia, tras un período de creación e consolidación, encara o seu segundo ano co reto de avanzar. Para iso, agradecemos o apoio de anunciantes, partners e colaboradores, que nos permitiron asumir os custos de lanzamento e deconsolidación do proxecto. Agora, ademais, contamos cun novo aliado. Porque GCiencia logrou o aval da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) para formar parte do seu programa de cultura científica, tecnolóxica e da innovación, o máis importante que se desenvolve en España. O organismo do Ministerio de Economía e Competitividade seleccionou o proxecto da web da ciencia galega para o financiamento de distintas liñas de actuación, que GCiencia levará a cabo entre 2014 e 215.
As tres liñas de actuación que GCiencia desenvolverá en colaboración coa FECYT son as denominadas BioGalicia e Innovar para Emprender(I+E) e un plan de contidos audiovisuais.
GCiencia celebra o seu primeiro aniversario cunha programación especialdende o pasado venres, 21 de novembro, día en que se publicou un editorial sobre o tema. Ademais, publicamos tribunas de opinión, escritas para GCiencia con motivo do aniversario, dos reitores das tres universidades de Galicia, do conselleiro de Educación e de científicos de recoñecido prestixio na comunidade. Así mesmo, publicamos un regalo que nos fixo o músico vigués Nicolás Pastoriza: a súa canción ‘Antimateria’, que aparecerá no seu próximo disco, estréase nun vídeo editado polo realizador Luis Montenegro que rende tamén homenaxe á misión Apolo 12, que cumpre agora 45 anos."

Se queres entrar na páxina preme na imaxe: