2ª SEMANA DA RADIO

jueves, 26 de octubre de 2017

Finalmente, uns meses despois de poñer o punto e final a este proxecto, a plataforma eTwinning fainos entrega da maior distinción que entrega, o Selo de Calidade Europeo.
Merito dos alumnos e alumnas dos países que traballaron man a man.
Para vós é.


miércoles, 21 de junio de 2017

O diario de Trudi

Aquí tedes, por se queredes botarlle unha ollada, o diario de Trudi. Todas as súas aventuras por Europa recollidas nun fermoso caderno azul.






















E finalmente, Trudi volve a casa...

E ao final, Trudi volveu ao noso cole. Traía consigo toda unha serie de lembranzas do seu paso polos diferentes países europeos. Nesta viaxe que durou o curso enteiro fixo un montón de amigos, coñeceu lugares lonxanos e aprendeu como viven estudantes coma nós pero noutros lugares. Con Trudi volveu o seu diario, ese diario onde foi escribindo todo para que nós agora podamos aprender del.
Canso e contento,Trudi volve a estar na nosa aula.
O ano que ven, quizais se embarque noutra viaxe, noutra aventura. De momento, toca descansar.

Trudi e o seu diario, xa de volta

Un diario cheo de aventuras

jueves, 8 de junio de 2017

Quen queda? Gigi, a mascota Italiana

Dende Sicilia chegou a derradeira mascota, exactamente do colexio ITES " Don Luigi Sturzo", deBagheria. Un simpático lobo que tamén aprendeu moito sobre Galicia, igual que nós aprendemos sobre estes países europeos que compartiron as súas vivencias nos diarios.


Eran os últimos días do curso, a calor xa comezaba a facer a súa presencia. Algúns sentían un pouco de agobio polos últimos exames do curso, pero sabendo de todo o traballo que se fixo e que sen dúbida había que valorar. 5º de Primaria pronto quedaría atrás, e con el os recordos e lembranzas que permanecerán para sempre na nosa memoria. Foi un curso longo e non diremos que doado, pero si un curso onde tivemos a posibilidade de facer un montón de cousas interesantes. E tamén estudamos moito, por suposto.

O ano que ven, estaremos en 6º, o derradeiro curso de Primaria, e logo daremos o salto á ESO. Ao final, a vida é iso, ir dando pasiños cara diante e disfrutando os momentos. Neste curso tivemos a posibilidade de coñecer nosos amigos, e con iso quedamos. O que virá mañá... non o sabemos. Pero polo menos que sexa tan emocionante coma isto.