2ª SEMANA DA RADIO

Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Angueira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Angueira. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de agosto de 2014

Entrevista a Anxo Angueira


Anxo Angueira: breve biografía

Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un escritor e estudoso da literatura galega.
Sempre vinculado á súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá,Bernardino Graña. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.
Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou na publicación da CUT O Xornal e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.
Actualmente reside en Vigo onde ten dous fillos e está casado.
Hoxe en día é Presidente da Fundación Rosalía, sendo a executiva desta Fundación:


D. Anxo Angueira Viturro, Presidente

Dª Luz Pozo Garza, Vicepresidenta

D. Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Secretario

D. Justo Cortizo Sóñora, Tesoureiro


Vocais:


D. Xesús Alonso Montero (Director do Centro de Estudos Rosalianos)

D. Xosé Luis Axeitos Agrelo

Dª Ana Mª Blanco Gómez

Dª Dolores Vilavedra Fernández

Dª Mª do Carme Kruckenberg

Entrevista a Anxo Angueira

Achegándonos á figura de Rosalía atopamos coa súa Fundación, que tenta preservar e espallar a súa obra. Citamos ao seu Presidente, D. Anxo Angueira, para falar desta galega universal. De novo, temos que pedir desculpas pola mala calidade do son. Aínda así, a entrevista é o suficientemente interesante como para poñela a disposición de todos vós.
Neste caso, a entrevista foi realizada por algunhas das rapazas que forman El Club de la Medianoche.