2ª SEMANA DA RADIO

Mostrando entradas con la etiqueta Prensa escrita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prensa escrita. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de febrero de 2016

Entrevista a María Oruña

O xornal escolar dos dous 5º de Primaria vai avanzando e os alumnos están investigando e, sobre todo, escribindo moito.
Dúas alumnas de 5º B, Aloe e Mistre, fixéronlle unha entrevista a unha escritora. María Oruña dedicou un ratiño a contestar todas as súas preguntas no que foi unha charla distendida. Poderedes ler a entrevista en cando publiquemos os xornais no mes de abril.


María Oruña (Vigo, 1977) vive en Galicia, aínda que de pai cántabro e pasa moitos veráns en Cantabria, onde ambientou a súa última novela “ Puerto escondido”. 
É avogada e exerceu durante dez anos, tomándose un breve respiro para investigar, escribir e ser nai. Actualmente, volveu a exercer pola súa conta e está solicitando datos para outra novela que, aínda sendo independente a “ Puerto escondido”,en canto a trama principal, está planeando facela cos mesmos personaxes e resolver así algunha trama secundaria do primeiro libro. 
En xaneiro de 2013 autopublicou ” La mano del arquero”, que, aínda que se configura como novela de ficción, ten gran parte de contido xurídico, xa que non só trata temas como a valentía, a maternidad e a amizade, senón e sobre todo, sobre o acoso laboral.
 
Anteriormente, realizou algunha pequena colaboración en webs como www.galiciaencantada.com, en galego, publicando relatos históricos como o de “A dama do vento”.

miércoles, 27 de enero de 2016

Visita do Faro de Vigo

O día 26 de xaneiro, algúns membros do Faro de Vigo (entre eles o seu subdirector) achegáronse ao noso centro para falar de xornais e xornalismo. Estiveron contándonos como se fai un xornal, como traballan os xornalistas, etc. Nós, estamos preparando o noso xornal, cada 5º de Primaria o seu, e as indicacións destes especialistas facilitaron moito o noso labor.
Debemos dicir que estamos participando nun proxecto que precisamente puxo en marcha o Faro de Vigo. Faro da escola pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos. A importancia da información e o xeito de facer xornalismo en diferentes soportes, son os eixes vertebradores deste proxecto educativo. Faro de Vigo, como periódico local que é, trata desta forma de fortalecer o vínculo entre prensa e educación, e para iso propúxenos a creación dun xornal. E nesas estamos.
Na charla de onte, tamén tivemos ocasión de coñecer o funcionamento do programa Scribus, que será o software que utilizaremos para maquetar o noso xornal. Complexo, pero nada que non podamos facer cun pouquiño de atención.
Xa estamos preparados para o noso seguinte paso...






lunes, 25 de enero de 2016

Traballando...

Aínda que o traballo botou a andar antes das vacacións de Nadal, foi á volta cando en realidade comezaron as nosas tarefas. Nas dúas clases de 5º de Primaria, distribuímos o papel que tería cada un de nós no xornal e fixemos un reparto do traballo. Cada un ocuparase dunha cousa e agardamos facelo o mellor posible para que o resultado final sexa bo.

Cada un dos nosos xornais ten uns redactores xefes que van a coordinar, uns maquetadores que serán os encargados do aspecto final do xornal, e uns xornalistas que elaborarán os artigos e farán as entrevistas. Por suposto, tamén contaremos con seccións de pasatempos, con tira cómica, e con moito máis.

Imos ordenando o traballo


Ilusionados, fixemos unha lista das persoas que poderíamos entrevistar e cada un de nós fixo un correo electrónico invitandoas a participar no noso proxecto. Eses correos foron enviados polos nosos mestres e agora estamos na fase de esperar as respostas. Algúns, (escritores, músicos, xornalistas...), xa nos dixeron que sí. Esperamos a que os demais tamén o fagan.

Van xurdindo entrevistas e imos distribuíndo


Seguinte paso: elaborar as preguntas para as nosas entrevistas.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

10ª Semana da Radio

Cumprimos os nosos primeiros dez anos e para iso queremos celebrar unha Semana da Radio moi especial.
Os 5º de Ed. Primaria empezamos un proxecto da man do Faro de Vigo para elaborar un xornal escolar. Cheos de ilusión empezamos o camiño para esa tarefa, para terminar os nosos xornais a finais de marzo.
Nesta 10ª Semana da Radio queremos plasmar todo o traballo que faremos para conseguir o noso obxectivo. Cada paso que deamos, cada entrevista que realicemos, irémolo subindo a este blog, para que sirva de testemuña do realizado. 
A Semana da Radio, nesta ocasión, centrarase noutro medio de comunicación, un dos máis importantes: a prensa escrita.
Acompáñanos nesta viaxe fascinante.