O xornal escolar dos dous 5º de Primaria vai
avanzando e os alumnos están investigando e, sobre todo, escribindo moito.
Dúas alumnas de 5º B, Aloe e Mistre, fixéronlle
unha entrevista a unha escritora. María Oruña dedicou un ratiño a contestar
todas as súas preguntas no que foi unha charla distendida. Poderedes ler a
entrevista en cando publiquemos os xornais no mes de abril.
María Oruña (Vigo, 1977) vive en Galicia, aínda
que de pai cántabro e pasa moitos veráns en Cantabria, onde ambientou a súa
última novela “ Puerto escondido”.
É avogada e exerceu durante dez anos, tomándose un breve respiro para
investigar, escribir e ser nai. Actualmente, volveu a exercer pola súa conta e
está solicitando datos para outra novela que, aínda sendo independente a “ Puerto
escondido”,en canto a trama principal, está planeando facela cos mesmos
personaxes e resolver así algunha trama secundaria do primeiro libro.
En xaneiro de 2013 autopublicou ” La mano del arquero”, que, aínda que se configura como novela de ficción, ten gran parte de contido xurídico, xa que non só trata temas como a valentía, a maternidad e a amizade, senón e sobre todo, sobre o acoso laboral.
Anteriormente, realizou algunha pequena colaboración en webs como www.galiciaencantada.com, en galego, publicando relatos históricos como o de “A dama do vento”.