2ª SEMANA DA RADIO
Mostrando entradas con la etiqueta Jorge Mira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jorge Mira. Mostrar todas las entradas
domingo, 17 de mayo de 2015
Entrevista a Jorge Mira
Aquí tedes, por fin, a entrevista que lle fixeron os alumnos e alumnas de 5º B ao físico e divulgador Jorge Mira. Pedimos desculpas pola calidade do son, pero cremos que a pesar das deficiencias técnicas atoparedes unha entrevista interesante.
miércoles, 15 de abril de 2015
Jorge Mira e o Programa ConCiencia
Jorge Mira, o noso primeiro convidade á Semana da Radio deste ano, colabora co programa ConCiencia, un programa de divulgación científica.
![]() |
| Con Stephen W. Hawking, Premio Fonseca 2008 |
O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, segue a consolidar o seu prestixio e a súa condición de referente na proxección pública da ciencia, circunstancia sinalada por varios participantes de edicións anteriores.
Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:
- A divulgación científica a cargo de Premios Nobel / Medalla Fields / Premio Abel
- Proxecta-la imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento
- Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC
| Con Sir Roger Penrose, Premio Fonseca 2011 |
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios Nobel favorecendo o seu contacto con especialistas locais.
Acompañando a visitantes tan ilustres, gañadores dos premios máis importantes do campo científico e matemático mundial, Jorge Mira tenta espallar a importancia da ciencia.
![]() |
| Co astronauta Pedro Duque (2005) |
Jorge Mira
Para comezar esta Semana da Radio dedicada ao eido da ciencia en Galicia, os alumnos de 5º realizaron unha entrevista a Jorge Mira.
Este físico galego ten unha carreira chea de distincións e premios, e podemos atopalo tamén fóra do seu ámbito universitario en libros ou en programas de televisión. Como divulgador parecíanos unha figura interesante para achegarse á ciencia, así que a el foi a nosa primeira entrevista.
Pero deixemos que el mesmo se presente dende a súa páxina (http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm).
" Nacín en Baio, porta grande da Costa da Morte. Licencieime en Física en 1991 e nese mesmo ano presentei a miña tesiña de licenciatura.
Dende 2000 ata 2005 no programa
As tardes de galega, con María Solar, Verónica Iglesias, Antón Rebollido e
Cristina García.
Este físico galego ten unha carreira chea de distincións e premios, e podemos atopalo tamén fóra do seu ámbito universitario en libros ou en programas de televisión. Como divulgador parecíanos unha figura interesante para achegarse á ciencia, así que a el foi a nosa primeira entrevista.
Pero deixemos que el mesmo se presente dende a súa páxina (http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm).
" Nacín en Baio, porta grande da Costa da Morte. Licencieime en Física en 1991 e nese mesmo ano presentei a miña tesiña de licenciatura.
Adiqueime ao estudo do ferromagnetismo
feble e á influencia do tamaño no magnetismo de materiais tipo R2CuO4 (R=
lantánido). Sobre ese tema tratou a miña tese de doutoramento, defendida en
1995.
Actualmente son catedrático da área de
Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de
Santiago de Compostela. As miña investigación ten versado sobre propiedades e
aplicacións de nanopartículas de ferritas, anisotropías en films de vidros
metálicos, propiedades eléctricas e
magnéticas de materiais R1-xAxMO3 (R= lantánido, A= Sr, Ca, Ba; M= metal de
transición). Estes materiais, aparte de constituiren un paradigma no estudo das
correlacións entre propiedades eléctricas e magnéticas en sólidos, teñen
importantes aplicacións tecnolóxicas, dadas as altísimas magnetorresistencias
que presentan nalgúns casos. Este traballo deu lugar a liñas de traballo
posteriores en propiedades termoeléctricas, dieléctricas e magnetodieléctricas
en sistemas relacionados, así como outros deseñados na base de estruturas
metálico-orgánicas.
Paralelamente a isto, dedícome ao
estudo da dinámica de competición de linguas, con traballos que foron
destacados en diferentes foros, como no Technology Review do MIT ou a American
Physical Society.
Ademais, de vez en cando, escribo artigos
en revistas científicas que teñen outro tipo de temática, como o ceo-inferno
(en Physics Today e Nature, con ecos en múltiples lugares, como as prestixiosas
revistas Time, New Yorker, New Scientist ou Der Spiegel), a loita para a
determinacion da lonxitude xeografica ou persoeiros como José Echegaray e
Domingo de Soto.
A divulgación científica é outra das miñas
actividades.
Cando non estou na física gústame rompe-los
cornos cos colegas de Mensa (sempre prestos á creación de xogos de inxenio,
onde sexa, ademais de tratar temáticas especiais coma as atopadas en Carrollia)
e con xogos de memoria, técnicas de lectura rápida, xadrez e cousas polo estilo.
Tamén adico moito tempo ó deporte: empecei
polo taekwondo e a competición en carreiras pedestres, e acabei en parapente,
natación, musculación, esgrima e bailes de salón."
Á marxe da miña actividade
académica e investigadora, teño adicado un certo tempo á divulgación
Programa ¡Que serán?, no segundo
semestre de 1999
Colaborador dende 1999 e
columnista científico.
No ano 2000 no programa Nunca tal
oíra, con Paco Lodeiro
Dende 2000 ata 2005 no programa
As tardes de galega, con María Solar, Verónica Iglesias, Antón Rebollido e
Cristina García.
De marzo a xuño de 2004 no
programa Cita con SuperPiñeiro, con Xosé Manuel Piñeiro
De 2006 a 2008 no programa Un día
por diante, con Xusto López Carril e Helena Soto
No programa-concurso Arrampla con
todo, en 2004
No programa Cifras e Letras,
dende 2006 a 2013
No programa Ciencia Nosa, dende
2006 a 2008
No programa Verbas van, dende
2013
Programa Adelantos, dende 2012
Co-fundador da Nerd Nite de
Santiago de Compostela
ConCiencia - Programa de
divulgación científica
Codirector da colección de
divulgación científica da editorial da USC
Membro do consejo editorial da
Revista Española de Física
Participante no programa A Ponte
entre o ensino medio e a USC
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


