2ª SEMANA DA RADIO

miércoles, 15 de abril de 2015

Jorge Mira

Para comezar esta Semana da Radio dedicada ao eido da ciencia en Galicia, os alumnos de 5º realizaron unha entrevista a Jorge Mira. 
Este físico galego ten unha carreira chea de distincións e premios, e podemos atopalo tamén fóra do seu ámbito universitario en libros ou en programas de televisión. Como divulgador parecíanos unha figura interesante para achegarse á ciencia, así que a el foi a nosa primeira entrevista.
Pero deixemos que el mesmo se presente dende a súa páxina (http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm). 

"    Nacín en Baio, porta grande da Costa da Morte. Licencieime en Física en 1991 e nese mesmo ano presentei a miña tesiña de licenciatura.
    Adiqueime ao estudo do ferromagnetismo feble e á influencia do tamaño no magnetismo de materiais tipo R2CuO4 (R= lantánido). Sobre ese tema tratou a miña tese de doutoramento, defendida en 1995.
    Actualmente son catedrático da área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. As miña investigación ten versado sobre propiedades e aplicacións de nanopartículas de ferritas, anisotropías en films de vidros metálicos,  propiedades eléctricas e magnéticas de materiais R1-xAxMO3 (R= lantánido, A= Sr, Ca, Ba; M= metal de transición). Estes materiais, aparte de constituiren un paradigma no estudo das correlacións entre propiedades eléctricas e magnéticas en sólidos, teñen importantes aplicacións tecnolóxicas, dadas as altísimas magnetorresistencias que presentan nalgúns casos. Este traballo deu lugar a liñas de traballo posteriores en propiedades termoeléctricas, dieléctricas e magnetodieléctricas en sistemas relacionados, así como outros deseñados na base de estruturas metálico-orgánicas.
        Paralelamente a isto, dedícome ao estudo da dinámica de competición de linguas, con traballos que foron destacados en diferentes foros, como no Technology Review do MIT ou a American Physical Society.
    Ademais, de vez en cando, escribo artigos en revistas científicas que teñen outro tipo de temática, como o ceo-inferno (en Physics Today e Nature, con ecos en múltiples lugares, como as prestixiosas revistas Time, New Yorker, New Scientist ou Der Spiegel), a loita para a determinacion da lonxitude xeografica ou persoeiros como José Echegaray e Domingo de Soto.
    A divulgación científica é outra das miñas actividades.
    Cando non estou na física gústame rompe-los cornos cos colegas de Mensa (sempre prestos á creación de xogos de inxenio, onde sexa, ademais de tratar temáticas especiais coma as atopadas en Carrollia) e con xogos de memoria, técnicas de lectura rápida, xadrez e cousas polo estilo.
    Tamén adico moito tempo ó deporte: empecei polo taekwondo e a competición en carreiras pedestres, e acabei en parapente, natación, musculación, esgrima e bailes de salón."
Á marxe da miña actividade académica e investigadora, teño adicado un certo tempo á divulgación
Programa ¡Que serán?, no segundo semestre de 1999
Colaborador dende 1999 e columnista científico.
No ano 2000 no programa Nunca tal oíra, con Paco Lodeiro
Dende 2000 ata 2005 no programa As tardes de galega, con María Solar, Verónica Iglesias, Antón Rebollido e Cristina García.
De marzo a xuño de 2004 no programa Cita con SuperPiñeiro, con Xosé Manuel Piñeiro
De 2006 a 2008 no programa Un día por diante, con Xusto López Carril e Helena Soto
No programa-concurso Arrampla con todo, en 2004
No programa Cifras e Letras, dende 2006 a 2013
No programa Ciencia Nosa, dende 2006 a 2008
No programa Verbas van, dende 2013
Programa Adelantos, dende 2012
Co-fundador da Nerd Nite de Santiago de Compostela
ConCiencia - Programa de divulgación científica
Codirector da colección de divulgación científica da editorial da USC
Membro do consejo editorial da Revista Española de Física
Participante no programa A Ponte entre o ensino medio e a USC