2ª SEMANA DA RADIO

Mostrando entradas con la etiqueta Xornal.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornal.. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de abril de 2016

E, por fin, o xornal ve a luz...

Moitas horas adicadas a escribir, maquetar, elaborar... moito tempo falando, discutindo, debatendo. E por fin, o xornal colle forma e ocúpanse as 32 páxinas de cada un dos dous exemplares que elaboramos. E sinceramente, moi contentos co resultado. Aquí vos traemos as dúas portadas para que xulguedes vós mesmos.

Portada do xornal de 5º A

Portada do xornal de 5º B

miércoles, 27 de enero de 2016

Visita do Faro de Vigo

O día 26 de xaneiro, algúns membros do Faro de Vigo (entre eles o seu subdirector) achegáronse ao noso centro para falar de xornais e xornalismo. Estiveron contándonos como se fai un xornal, como traballan os xornalistas, etc. Nós, estamos preparando o noso xornal, cada 5º de Primaria o seu, e as indicacións destes especialistas facilitaron moito o noso labor.
Debemos dicir que estamos participando nun proxecto que precisamente puxo en marcha o Faro de Vigo. Faro da escola pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos. A importancia da información e o xeito de facer xornalismo en diferentes soportes, son os eixes vertebradores deste proxecto educativo. Faro de Vigo, como periódico local que é, trata desta forma de fortalecer o vínculo entre prensa e educación, e para iso propúxenos a creación dun xornal. E nesas estamos.
Na charla de onte, tamén tivemos ocasión de coñecer o funcionamento do programa Scribus, que será o software que utilizaremos para maquetar o noso xornal. Complexo, pero nada que non podamos facer cun pouquiño de atención.
Xa estamos preparados para o noso seguinte paso...






miércoles, 9 de diciembre de 2015

10ª Semana da Radio

Cumprimos os nosos primeiros dez anos e para iso queremos celebrar unha Semana da Radio moi especial.
Os 5º de Ed. Primaria empezamos un proxecto da man do Faro de Vigo para elaborar un xornal escolar. Cheos de ilusión empezamos o camiño para esa tarefa, para terminar os nosos xornais a finais de marzo.
Nesta 10ª Semana da Radio queremos plasmar todo o traballo que faremos para conseguir o noso obxectivo. Cada paso que deamos, cada entrevista que realicemos, irémolo subindo a este blog, para que sirva de testemuña do realizado. 
A Semana da Radio, nesta ocasión, centrarase noutro medio de comunicación, un dos máis importantes: a prensa escrita.
Acompáñanos nesta viaxe fascinante.