2ª SEMANA DA RADIO

Mostrando entradas con la etiqueta Eva Carreras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eva Carreras. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de abril de 2008

Entrevista a Eva Carreras

Eva Carreras


O día 25 de marzo ás 11 da mañá dimos comezo a nosa 2ª Semana da Radio, contando coa presencia de Eva Carreras, unha rapaza de Vigo de todos coñecida pola súa participación no concurso “Operación Triunfo”.
A nosa idea de partida era que un pequeno grupo de rapaces lle fixeran unha entrevista, coñecer non só ao personaxe mediático senón tamén á persoa. Pero coa simpatía que demostrou Eva, a súa cercanía, o que ían ser unhas poucas preguntas acabaron converténdose nunha charla dunha hora onde desgranou parte da súa vida, dende os seus inicios ata o momento presente, coa preparación do seu primeiro disco.
Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria que fixeron a entrevista foron:: Laura G., David B., Sara V., Jacobo C., Laura P., Aron L., Laura P. e Javier V. Entre todos eles conseguiron mostrarnos non só a faceta musical de Eva, senón ademais a teatral ou a de profesora de Educación Física.
Podemos dicir que foi unha inmellorable posta en marcha desta Semana da Radio, unha entrevista na que houbo tempo para poñernos serios e tamén para rir, e onde Eva, acabou regalándonos un pedaciño dunha canción tradicional coa súa portentosa voz.
As nosas sinceras grazas a ela pola súa implicación, por agasallarnos co seu tempo e, naturalmente, pola súa simpatía.