Anxo
Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro)
o 13 de xaneiro de 1961,
é un escritor e estudoso da literatura galega.
Sempre vinculado á súa vila
natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se
trasladou a Padrón onde realizou
os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa
literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá,Bernardino Graña. Gañou
algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no
propio instituto.
Despois destes primeiros anos de
formación e concienciación, ingresa na Universidade
de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía
Hispánica coa
especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu
residindo en Padrón, onde traballaba.
Actualmente traballa como profesor
de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Publicou diferentes ensaios e
artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do
manifesto das Redes Escarlata e colaborou na publicación da CUT O Xornal e na revista A Trabe de Ouro. Foi
coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón.
Durante o ano 2008 participou no
espectáculo Rosalía 21, unha
revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o
pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.
Hoxe en día é Presidente da
Fundación Rosalía, sendo a executiva desta Fundación:
D. Anxo Angueira Viturro, Presidente
Dª Luz Pozo Garza, Vicepresidenta
D. Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Secretario
D. Justo Cortizo Sóñora, Tesoureiro
Vocais:
D. Xesús Alonso Montero (Director do Centro de Estudos Rosalianos)
D. Xosé Luis Axeitos Agrelo
Dª Ana Mª Blanco Gómez
Dª Dolores Vilavedra Fernández
Dª Mª do Carme Kruckenberg