2ª SEMANA DA RADIO

jueves, 8 de junio de 2017

XI Semana da Radio

Como pasan os anos! Así, sen case decatarnos, sobrepasamos as dez edicións da Semana da Radio. Agora que está en boca de todos a innovación educativa, este proxecto pretendeu dende o seu comezo "sacar" a educación da aula e plantexar que se pode educar doutro xeito. Aprender, como din os últimos avances en neurociencia, ten moito que ver coas emocións, e para educar temos que ter esto presente e introducir os contidos dunha forma atractiva, dinámica e emocionante. Ese foi o impulso que nos levou a crear esta Semana da Radio hai xa algúns anos.
Chegamos á nosa XI edición. Queríamos nesta ocasión facer algo especial. Por iso, a comezos de curso puxémonos en contacto con outros coles europeos a través da plataforma Etwinning para comezar un proxecto que nos unira un pouco a todos. "As mascotas van de viaxe" foi este proxecto. A nosa pretensión foi crear un espazo común a través dunha mascota viaxeira, unha por cada cole. Que fose a mascota a que nos "obrigara" a escribir sobre a nosa vida, os nosos costumes, a nosa gastronomía, o noso entorno... con elas, atopamos os nosos puntos en comúns e celebramos as diferencias que, en lugar de separarnos, nos unen. Establecemos coas mascotas como nexo, un fío común con outros rapaces e rapazas europeos para iniciar unha conversa que nos faga ver máis aló da nosa cidade, do noso lugar.
Nas vindeiras entradas presentaremos ás mascotas e falaremos do noso traballo. Falaremos da xente, dos nosos veciños e, sobre todo, do emocionante que pode ser aprender.
Un proxecto europeo, un proxecto feito dende o corazón.
Acompañádenos.