1.
¿Qué
sentes ao ser a primeira muller licenciada en gaita?
Cando obtiven
a licenciatura, non era consciente do que realmente significaba para o mundo da
gaita e para Galicia, e agora, miro cara
atrás e a verdade é que é todo un orgullo para min. Estou moi contenta e
satisfeita, de ver como todo esforzo ten a súa recompensa.
2.
¿Cándo
empezaches a tocar? ¿Por qué?
Tería ó redor
de 7 anos. Empecei a mostrar interese nas clases de música do cole, do Divino
Salvador, e a profe decidiu falar cos meus pais para que me meteran nunha
escola de música ou banda.
3.
¿Quén
te animou a empezar coa música? ¿Por que
a gaita e no outro instrumento?
A min
encantábame esas clases de música do cole, ensaiaba ca frauta a diario e como
os meus pais querían anotarme a escola de música, como vos contaba antes,
decidín seguir os pasos do meu avó. O meu avó era un coñecido gaiteiro da zona
e quixen tocar a gaita coma él. Despois, matricularíame na escola de gaitas de
Coruxo e a partir de aí comezaba a miña andaina coma gaiteira.
4.
¿Cómo
se leva iso de tocar y soprar a la vez?
Para min é
algo sinxelo, nunca tiven problemas para tocar, saíame como algo innato, de
dentro, e grazas a iso avanzaba rapidamente e entón claro! Cada vez gustábame
máis e máis! e canto máis ensaiaba, máis doado me parecía.
5.
¿Cuantos
anos estiveches no conservatorio? ¿Gustouche?
No
Conservatorio estiven 14 anos. É unha carreira dura pero a min gustábame e
penso que paga moito a pena.
6.
Imaxino
que rapazas aprendendo a tocar gaita habería moi poucas. ¿Cómo te sentiches ó
estar rodeada de tantos mozos?
Pois a
verdade é que non era consciente de se había máis nenos ca nenas. Sempre me
trataron como unha máis, tanto na banda de gaitas como no Conservatorio.
7.
¿Dixéronche
algunha vez: “a gaita non é para as rapazas”?
Non, nunca,
sempre me trataron por igual. A única anécdota que teño era a preocupación do
meu avó, Julio, de que deixara de tocar a gaita cando me fixera maior e
coñecera a algún mozo! Pero isto nunca ocorreu, o contrario! Caseime con un
gaiteiro!
8.
¿Cómo
xurdiu o de tocar con Carlos Núñez?
Carlos Núñez
foi o meu primeiro profesor de Conservatorio. Deume clases de gaita durante
catro anos. Despois deixou o Conservatorio, pero nunca perdeu o contacto
comigo. Cando crecín un pouquiño chamoume para colaborar con él nos concertos e
grazas a iso puiden tocar con moitos máis grupos.
9.
Hoxe
en día vémoste cada venres no Luar facendo de xurado de novos talentos. ¿Non é unha
tarefa complicada?
O de xurado
en Luar é unha tarefa complicadísima! Agora os rapaces tocan moi ben e é moi
difícil ter que puntualos en tan pouquiño tempo e escoller a un gañador. Eu
sempre querían que gañaran todos!
10.
Ademais
de ser xurado, ¿qué proxectos tes para o futuro?