Pekka Poro, a mascota de Finlandia |
A segunda mascota en chegar fíxoo dende un país ben lonxano, Finlandia. Alí podemos atopar o colexio Maunulan yhteiskoulu ja Helsingin
matematiikkalukio, de Helsinki. A súa mascota chamábase Pekka Poro e viña coa vestimenta propia do país, un dos traxes tradicionais.
Pekka Poro non chegou a tempo de pasar connosco o Nadal e coñecer de primeira man como celebramos nós estas festas. Ademais, foi un Nadal moi especial porque o noso centro celebraba o seu 50 aniversario. Pero sí que puido pasar momentos de moita ledicia cos rapaces e rapazas de 5º de Primaria.
Pekka Poro no porto de Vigo |
Este curso, ademais deste proxecto, estivemos metidos nalgún outro. Todo sexa para non aburrirnos e para facer a ensinanza máis emocionante. Un deses proxectos levounos a participar no concurso do xornal escolar que propuxo por segundo ano o Faro de Vigo. Durante varios meses estivemos escribindo artigos e facendo entrevistas para ao final confeccionar o noso xornal, que quedou máis que chulo.
Pekka Poro acompañounos nalgunha das saídas que fixemos. Neste caso ao auditorio Mar de Vigo.
Iris con Pekka Poro na entrada do auditorio Mar de Vigo |
Dentro do auditorio |