Dende Sicilia chegou a derradeira mascota, exactamente do colexio ITES " Don Luigi Sturzo", deBagheria. Un simpático lobo que tamén aprendeu moito sobre Galicia, igual que nós aprendemos sobre estes países europeos que compartiron as súas vivencias nos diarios.
O ano que ven, estaremos en 6º, o derradeiro curso de Primaria, e logo daremos o salto á ESO. Ao final, a vida é iso, ir dando pasiños cara diante e disfrutando os momentos. Neste curso tivemos a posibilidade de coñecer nosos amigos, e con iso quedamos. O que virá mañá... non o sabemos. Pero polo menos que sexa tan emocionante coma isto.