Entre os días 6 e 8 de setembro do ano 2000, tivo lugar na sede das Nacións Unidas de Nova Iorque, a chamada “Cume do Milenio”. Nela, os 189 Xefes de Estado e de Goberno asistentes, en representación dos seus cidadáns, asinaron a Declaración do Milenio, na que se comprometían a acabar coa pobreza extrema antes do ano 2015, transmitindo con iso a mensaxe de que la erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridade para todas as nacións. Hoxe son xa 191 países os países firmantes, todos os que forman parte das Nacións Unidas.
No ano 2000 máis de mil millóns de persoas no mundo vivían en condicións de pobreza extrema. Os principais líderes do mundo, tanto nos países empobrecidos como nos países ricos, eran conscientes da urxencia de aplicar medidas para paliar esa situación. Na "Cume do Milenio" comprometéronse a acadar antes do 2015 oitos puntos básicos que constitúen os Obxectivos de Desarrollo do Milenio.
Os sete primeiros inclúen cuestións tan importantes como erradicar a pobreza extrema e a fame, velar pola educación universal, promover a igualdade entre o home e a muller, mellorar a saúde materno-infantil, frear a expansión de diversas enfermidades como a SIDA/VIH e protexer o medio ambiente. O oitavo refírese á creación dunha asociación mundial para o desarrollo como único medio posible para a erradicación da pobreza extrema no mundo.
Este acordo mundial deixa en claro que a responsabilidade principal dos países pobres é asegurar unha maior transparencia nas súas contas ante os seus propios cidadáns, ademais dun uso máis eficiente dos seus recursos.
Para que os países pobres podan cumprir os sete primeiros obxectivos marcados, é necesario que os países máis ricos proporcionen máis axuda e de forma máis eficiente, ademais de reducir a débeda externa e fixar unhas regras de comercio máis xustas que as actuais, moito antes do 2015.
Nos países empobrecidos, estas campañas van destinadas ao control dos presupostos e das estratexias de cada país dirixidas da pobreza extrema. Ao mesmo tempo, realizan accións de presión e control ante os gobernos, mentres xeran entre a poboación unha conciencia pública e de apoio para os Obxectivos a través de diversas iniciativas creativas.
Nos países ricos, as campañas pretenden que os gobernos dos seus respectivos países adopten metas e datas concretas para cumprir os compromisos relacionados coas axudas, a débeda externa e o comercio, con anterioridade ao 2015, para garantir aos países empobrecidos unha posibilidade xusta de cumprir os Obxectivos.