2ª SEMANA DA RADIO

martes, 12 de octubre de 2010

"SEN ESCUSAS ATA O 2015"



O mundo conta cos recursos, a tecnoloxía e os coñecementos prácticos necesarios apra acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio no ano 2015. Sen embargo, en moitos dos gobernantes do mundo, non existe un compromiso e unha vontade para cumprir as promesas adquiridas no ano 2000 no Cume do Milenio.

A Campaña do Milenio, “Sen Escusas ata o 2015”, foi lanzada en outubro do ano 2002, polo entón Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, coa intención de incidir nos cidadáns de diferentes países para que lembraran e esixiran o cumprimento dos compromisos adquiridos polos seus propios gobernantes cando firmaron en setembro do ano 2000 a Declaración do Milenio.

Son os Gobernos dos actuais 191 países firmantes, os responsables de xuntar os esforzos para a consecución dos 8 Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio antes do ano 2015, pero iso non supón que os cidadáns de estes países se desentendan de estes obxectivos nin deixen de velar porque os seus respectivos gobernos empreguen os seus esforzos na consecución dos ODM.

Para que no ano 2015 se teñan acadado os obxectivos e as metas fixadas é necesario o esforzo conxunto dos gobernos e dos pobos de cada país. Fai falta un avance fundamental para que en todas as rexións e países se acaden os Obxectivos para toda a poboación do planeta.