2ª SEMANA DA RADIO

martes, 19 de enero de 2010

Marcos Calo


Marcos Calo é un dos grandes nomes do cómic e da ilustración galega. Este animador e ilustrador que estudou na Facultade Belas Artes de Pontevedra foi 2º premio no XIII Concurso Galego de Banda Deseñada (1997), 3º premio no XIII concurso galego de banda deseñada Xuventude 98 por "Autorretrato" e 1º premio no II certame galego de imaxe artística Xuventude 2001, modalidade cómic por "Algún día", na categoría de 23 a 30 anos, entre outros. Traballou no filme animado 3D “O bosque animado” na produtora Dygra Films e na película “O soño dunha noite de San Xoán”. Ultimamente traballou noutra cinta española de éxito que seguro que coñecedes: “Planet 51”.

Os rapaces e rapazas de 5º B tiveron a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista. Tristemente, Marcos Calo non puido achegarse ao noso colexio, pero ¡para iso está internet! ¿Non?