2ª SEMANA DA RADIO

martes, 19 de enero de 2010

Entrevista a Marcos Calo

1) ¿Cando decidiches que querías ser debuxante?

Creo que nunca me pensei en adicarme a outra cousa. De neno debuxaba moitas horas e pasábao moi ben. En canto fun consciente de que se podía vivir de debuxar, xa todo estivo ben claro na miña mente: eso era o que quería facer.

2) ¿Cal foi o teu primeiro cómic?
Teño lembranzas de diferentes tebeos que recordo como os primeiros. un Don Miki, un Mortadelo, un tebeo de Hulk e outor de Blueberry. Pero non sería capaz de dicir cal foi o primeiro...

3) ¿De que ilustración estás mais orgulloso?
Cando as ilustracións estan feitas por un mesmo é moi difícil chegar a estar orgulloso de algo porque ves tódolos errores que cometiches ó facelas, así que te quedas con pequenas partes de cada unha das que estás satisfeito. Gustame pensar que a mellor ilustración que vou facer é sempre a seguinte.

4) ¿Canto tempo tardas en facer unha ilustración?
Depende moito do estilo que escollas e do que teñas que ilustrar. Entre 4 horas e cinco días, máis ou menos. Creo que nunca adiquei máis de ese tempo a ningunha.

5) ¿Cantos premios recibiches polo teu traballo?
Pois ata o de agora, ningún :)

6) ¿Con que tipo de traballo disfrutas máis? (ilustrar libros, facer cómics, traballar no cine...)
Creo que o mellor é ir cambiando de pouco en pouco. Así evitas caer na monotonía.

7) ¿A que outro ilustrador admiras?
A unha lista interminable deles : Norman Rockwell, J C Leyendecker, N C Wyeth, Regis Loisel, Rebeca Dautremer, Gonzalo Cárcamo, Neil Campbell Ross, Tadahiro Uesugi, Adam Hughes, Arthur Adams, Christophe Blain, Emmanuel Guibert, Travis Charest, Claire Wendling....... podería estar horas falando de xente e máis xente que fai traballos incribles :)

8) ¿Como surxiu a posibilidade de traballar en "Planet 51"?
Unha amiga coa que traballara anteriormente noutra empresa e que nese momento traballaba xa no proxecto púxose en contacto conmigo e outros amigos máis (entre eles a miña muller) para dicirnos que buscaban a deseñadores para comezar o proxecto de "Planet One" (así se chamaba entón) en serio. Mandamos unhas mostras dos nosos traballos, aos directores lles gustaron en pagáronos unha viaxe en avión a Madrid para ir facer unha entrevista. E ben, alí pasamos tres anos traballando.

9) ¿Canta xente traballa nunha película como esa?
No momento en que máis xente había uns 350-400. Pero a cifra varía moito porque se vai contratando e despedindo xente según as necesidades da producción. Ó principio hai que facer o deseño, entón non necesitas tanta xente. Logo, cando xa as cousas van estando preparadas, se necesita a máis xente para modelar, texturizar, animar, modelar, facer efectos especiais.... E según esas fases avanzan, se deixa de necesitar á xente das fases iniciais.
Nestes momentos na empresa están 40 persoas máis ou menos, preparando a seguinte película. Cando teñan claro o que van facer comezarán de novo a contratar a xente. Non funciona así en todas partes. Nas empresas americanas de gran tamaño a plantilla é un poco máis estable.

10) ¿En que clase de proxectos che gustaría traballar no futuro?
En proxectos de todo tipo, como ata o momento. Teño aínda a querencia de facer tebeos, que era o meu soño de rapaz. Polo de agora conformeime con debuxar simplemente, pero espero poder facer realidade ese soño algún día.

11) Se algún rapaz ou rapaza quere adicarse a ser ilustrador, ¿que consello lle darías?
O consello creo que vale para todas as profesións: intentade traballar en algo que os guste moito. Pode ser debuxar, ter un restaurante ou conducir un camión. O truco está en que sexades vos os que escollen en qué traballar, e non que sexa o traballo o que vos escolla a vós. Se te apasiona o que fas serás moito máis feliz na túa vida.