2ª SEMANA DA RADIO

martes, 19 de enero de 2010

Kike Benlloch

Kike Benlloch é un dos máis prolíficos guionistas de Galicia, é autor de seis álbumes de cómic e numerosas historias breves.

Iniciouse profesionalmente con "Nieve Negra" (Factoría de Ideas, 1999), miniserie de dous números feita con Adrián López e Jano. Foi membro do colectivo Polaqia desde a súa fundación en 2001 ata 2009, coordinándoo durante os seis primeiros anos. Para debuxos de Alberto Vázquez escribiu o álbum "Freda" (De Ponent, 2002), recibido co aplauso unánime da crítica española e seleccionada pola prestixiosa Internationale Jugend Bibliothek (Alemaña) para o catálogo e exposición itinerante White Ravens 2004. Este catálogo escolle anualmente os 250 mellores libros do mundo de entre os miles que recebe dunha cincuentena de paises. Ao igual que "Dámsmitt" (Dibbuks, 2006), con deseños de Manel Cráneo, e que foi seleccionado como un dos mellores dez cómics españois de 2006 pola revista Mondosonoro.
Dirixiu catro obras colectivas: "Mmmh!!" (2001), colaborando con David Rubín e Alberto Vázquez, a revista "Barsowia" (do nº1 en 2003 ao nº8 en 2006), ademais de "H2Oil", álbum do Colectivo Chapapote con setenta autores galegos, e o "Barsowia en llamas" (Dolmen, 2006), antoloxía de duascentas páxinas en castelán. Tamén asinou o álbum "Capital" (De Ponent, 2006), con sete deseñadores.

Ademais de ter presidido a asociación Funcomic da Coruña colaborou en publicacións, facendo ou escribindo sobre BD: "Dos Veces Breve", "Buen Provecho", "BD Banda" 1ª época, "Golfiño" 2ª época, "O fanzine das Xornadas", "Código cero", "Nemo", "Nosotros somos los frikis", "Volumen, Guía del Cómic", Bravú.net e Elfoco.com. Foi comisario e redactor para dúas mostras do festival Viñetas desde o Atlántico nas súas edicións de 2000 (exposición "Novos autores coruñeses") e 2006 (exposición "Polaqia en llamas").

Como vedes un dos máis importantes guionistas galegos do panorama do cómic actual. Os alumnos e alumnas de 5º A fixéronlle unha entrevista, mandándolle as preguntas nun correo electrónico que, rapidamente, Kike contestou.

Ademais, fíxonos este regalo: !unha fantástica ilustración adicada¡



Nota: a información que damos, nalgúns casos está sacada da páxina: www.culturagalega.org, onde podedes atopar moitos máis datos.