
Nesta nova experiencia que é a 4ª Semana da Radio achegarémonos ao mundo do cómic de diferentes formas. Unha delas será unha exposición que percorrerá o século XX a través de cen portadas de cómics.
Esta exposición será posible grazas a colaboración de D. Manuel García Meira, gran coleccionista de cómics da nosa cidade, e que adicou a súa vida o estudo, adquisición e conservación de cómics, chegando a contar a súa colección particular en varios miles de exemplares.
Será, sen dúbida, unha exposición interesante, na que poderemos descubrir a evolución das temáticas e dos estilos nos últimos cen anos.