2ª SEMANA DA RADIO

jueves, 7 de enero de 2010

Unha nova Semana da Radio


Nos dous últimos cursos a Semana da Radio tivo un carácter temático. Tentando afondar na realidade da nosa Comunidade, abrimos unha fiestra a súa música e ao seu cinema. Queríamos descubrir xuntos o mundo ao que se achegarán pronto os nosos alumnos e alumnas, todo aquilo que o futuro lles ofrece.


Neste curso desexamos achegarnos ao mundo do cómic, a chamada novena arte. Considerada como subproducto cultural durante moito tempo agora reivindícase como unha arte máis.


Nos últimos anos tamén en Galicia este eido deu un avance espectacular. Nomes propios como Vanesa Durán, David Rubín, Carlos Portela, Miguelanxo Prado… loitaron por abrirse camiño neste campo e crear a súa parcela, recoñecida agora a nivel internacional.


Na semana do 18 ao 22 de xaneiro deste ano descubriremos o pasado e o presente do cómic na nosa terra a través dos seus autores.


Acompáñanos nesta viaxe ¡