Para que estas entrevistas cheguen a bo porto, o Faro de Vigo organizou un acto común no Auditorio Mar de Vigo con todos os centros que estamos elaborando o noso xornal. Nese acto tivemos a oportunidade de facer algunhas preguntas a tres grandes deportistas da nosa cidade:
- Óscar Pereiro (gañador do Tour 2006).
- Chus Lago (alpinista
e primeira española en acadar o Polo Sur tras cruzar a Antártida en solitario).
- Vlado Gudelj (lenda
do celtismo e actual delegado do R.C. Celta).
Estes tres deportistas contestaron ás nosas preguntas e amosaron unha
faceta que normalmente non podemos ver: a súa simpatía.
Tamén estivo con nós o caricaturista Luís Davila, autor das tiras cómicas
do Faro, que realizou o seu traballo diante nosa dun xeito maxistral.