2ª SEMANA DA RADIO

miércoles, 24 de febrero de 2016

Visita de Ledicia Costas

O 23 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza de Ledicia Costas no cole. Esta escritora xa famosa participa da man de Faro de Vigo en charlas cos rapaces e rapazas de diferentes coles que tamén están a facer o seu xornal. Este día, tocounos a nós.

Ledicia Costas é a autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta", libro que obtivo o premio Merlín (Xerais) e polo que foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2015. Ademais, Ledicia gañou o premio Lazarillo (Edelvives) tamén o ano pasado. Está imparable. De todo isto e do traballo de escribir falounos aos nenos e nenas de 5º e 6º que participamos desta charla. Dunha forma divertida foi contestando a todas as nosas preguntas e relatounos algunhas anécdotas da súa vida e da vida do seu avó.
Para rematar o acto, asinou exemplares de "Escarlatina", libro que leron os alumnos de 6º no primeiro trimestre.
Nós, os de 5º, seguimos adiante cos nosos xornais!!!

Esmeraldina, o seguinte libro de Ledicia


Ledicia Costas coas xornalistas de 5º de Primaria