2ª SEMANA DA RADIO

lunes, 30 de abril de 2012

Entrevista a D. Abel Caballero, alcalde de Vigo


Este ano a nosa Semana da Radio tivo que agardar a finais do mes de abril para poñer o seu punto e final. Como dedicamos esta actividade a historia da nosa cidade, quixemos contar coa participación do alcalde para que, dende a primeira fila, nos contase como é a cidade de Vigo actualmente e como será nun futuro.

O venres 27 de abril, e despois de moitas dificultades para atopar un oco na súa axenda, por fin achegouse ao noso centro D. Abel Caballero, e puido ser entrevistado por un grupiño de alumnos e alumnas do 3º Ciclo de Primaria. 

As preguntas que estes lle fixeron xiraban arredor de Vigo dende a óptica do seu primeiro mandatario e tamén dos retos que a cidade deberá afrontar nos vindeiros anos. 

Dentro duns días esta pequena entrevista estará a vosa disposición neste mesmo blog para que podades escoitala. De momento, aquí van dúas fotos tomadas desa mañá.