
Vigués de nacemento (1935) iniciouse no atletismo en 1952, chegando a ser 46 veces internacional absoluto, participando non só nos xogos olímpicos senón en innumerables campionatos do Mediterráneo, europeos, iberoamericanos... A súa vida deportiva sempre foi exemplo de entrega e valores.
No noso colexio, cun público composto por alumnos de 2º e 4º da ESO, Carlos Pérez debullou unha charla titulada "O mundo olímpico por dentro", onde nos foi mergullando a todos nas anécdotas vividas nos tres xogos olímpic

Foron dúas horas que realmente pasaron voando e que remataron cunha serie de preguntas que realizaron algúns dos alumnos a este destacado vigués ao que, naturalmente, esperamos volver a ver no noso centro.