Os alumnos/as do 1º Ciclo visitaron estes días unha parte moi importante da historia da nos
a cidade, o poboado castrexo de O Castro, no que se reconstruíron e ambientaron tres edificacións que reflicten o comezo da ocupación romana. É o único xacemento galego no que hai unha recreación ambiental da época. Segundo os datos dispoñibles, foi habitado entre o século I a.C. e o século III d.C
., momento no que os habitantes comezaron a trasladarse a un novo poboamento que xurde á beira do mar.
Como ese é o principio de Vigo, e dado que no colexio estivemos traballando a nosa historia, os alumnos/as visitaron esas instalacións e fixeron debuxos que logo se uniron á exposición que se puxo na entrada do centro.