2ª SEMANA DA RADIO

miércoles, 15 de febrero de 2012

Exposición


Durante os días nos que realizamos a nosa Semana da Radio, os alumnos/as do centro esforzáronse para facer unha pequena exposición sobre a historia da cidade. Algúns rapaces da Eso recrearon en carteis algunhas historias curiosas da nosa cidade, como a do tranvía; alumnos/as do 2º e do 3º Ciclo, buscaron fotos antigas para coñecer mellor a evolución de Vigo nos últimos cen anos.
Os alumnos do 1º Ciclo fixeron unha excursión para coñecer os orixes da nosa cidade ao poboado castrexo que hai no monte do Castro. Non só observaron a reconstrución da vida no castro, senón tamén fixeron as súas ilustracións.
Por último, pero non menos importante, resaltar que os alumnos de Infantil tamén participaron na exposición con debuxos dos monumentos máis importantes da nosa cidade. Un traballo estupendo ¡¡¡