Despois do éxito acadado na nosa primeira experiencia desexábamos que a 2ª SEMANA DA RADIO do noso colexio fose algo especial. Sobre o aprendido en torno a este medio de comunicación decidimos artellar esta nova experiencia arredor da entrevista como forma de obter información dun xeito ameno e rigoroso.
Co obxectivo de difundir entre os alumnos/as a cultura galega, decidimos vertebrar estes días sobre un tema que se adaptara ao formato elixido. “A MÚSICA EN GALICIA” cumpría con todas as nosas propostas e permitíanos achegar aos rapaces unha parte da nosa cultura tan vixente como esencial.
Tomando como base a música tradicional galega tentamos abrir fiestras ao grande abano das músicas feitas na nosa terra, onde teñen cabida os máis diferentes estilos.
Para limitar a Semana da Radio ao límite temporal dos días previstos (25, 26 e 27 de marzo), o número de entrevistas foi reducido, pero acadáronse os obxectivos que tiñamos postos. O interese dos alumnos/as por coñecer a músicos galegos, as súas músicas, as súas experiencias... levounos a unhas entrevistas que remataron por converterse en charlas distendidas dificilmente esquecibles.