2ª SEMANA DA RADIO

jueves, 28 de abril de 2016

E para maquetar? Scribus

O Faro de Vigo, que foi quen puxo en marcha este proxecto de elaborar un xornal escolar, estános a axudar moito para acadar o resultado que buscamos. Por exemplo, facer a maquetación dun xornal non é tarefa fácil. Eles aconselláronnos que utilizáramos o mesmo software que usan eles, Scribus. Para iso, puxeron ao noso dispor esta ferramenta e ensináronnos a utilizala. Ao principio non foi doado, mais pouco a pouco as cousas foron saíndo.

Maquetando con Scribus a portada do xornal de 5º B