A elaboración dun Diccionario histórico de científicos galegos foi un dos obxectivos básicos do Grupo de Traballo de Historia das Ciencias desde o momento da súa constitución, en 1987, como área do Seminario de Estudos Galegos. O proxecto deseñouse en dúas partes. A primeira, editada en 1993, implicou a redacción dos textos relativos a 121 autores correspondente ao período 1868-1936. A segunda, que apareceu no ano 2005, abordou o período cronolóxico previo e supuxo o achegamento a 80 novos científicos.
En 2007, ao cumprirse o centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios (JAE), o Consello da Cultura Galega decidiu crear o Álbum da Ciencia, un espazo destinado a recoller as biografías dos principais protagonistas da valiosa obra da JAE en Galicia, científicos e outros pensadores.
O Album da Ciencia inicía agora unha nova etapa na que atenderá en exclusiva ao ámbito científico e ampliará substancialmente o tramo temporal analizado. Un ambicioso e novidoso proxecto que ten como punto de partida as 201 biografías elaboradas para o Diccionario histórico, textos que serán actualizados e reformulados. A iso debe engadirse a incorporación de novas entradas, correspondentes a outros autores, nomeadamente ós que desenvolveron o seu labor entre 1936 e 1970, e as relativas a institucións científicas salientables. O principal criterio que utilizamos para a selección de autores será a relevancia da obra no momento histórico que viviron e o seu vínculo con Galicia. Canto a edición o Álbum abordará en 2011 a revisión e actualización das biografías publicadas en 1993 e 2005. Nun segundo momento, 2012, terá lugar a incorporación das novas entradas.
O resultado final permitirá ofrecer aos usuarios un total dunhas 300 entradas online, unha parte substancial do I+D histórico do país, unha especie de panteón virtual da excelencia científica que proporcionará unha valiosa e actualizable información a públicos diversos.
Con esta iniciativa o Consello da Cultura Galega contribúe ao fomento da cultura científica da sociedade por medio da difusión do labor desenvolto polos científicos-as máis sobranceiros da historia de Galicia.
A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello, quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na coordinación e redacción.
Colaboradores:
Álvarez Lebredo, Carlos
Álvarez Lires, María
Álvarez Soaje, Miguel
Barral, Margarita
Bermejo Patiño, Manuel
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Cambrón Infante, Ascensión
Cremades Ugarte, Javier
Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
Docobo Durántez, José Ángel
Dosil Mancilla, Francisco Javier
Fandiño Veiga, Xosé Ramón
Fernández Prieto, Lourenzo
Fraga Vázquez, Xosé Antón
Galdo Fernández, Fausto
González Castroaguaín, Sonia
González Guitián, Carlos
González Fernández, Martín
Gurriarán Rodríguez, Ricardo
Izco Sevillano, Jesús
Jiménez Gómez, Enrique
Nava Fernández, Salvador
Mato Domínguez, Alfonso
Moreno Castillo, Ricardo
Sanmartín Míguez, J. Santiago
Simón Lorda, David
Sisto Edreira, Rafael
Ponte Hernando, Fernando
Álvarez Lebredo, Carlos
Álvarez Lires, María
Álvarez Soaje, Miguel
Barral, Margarita
Bermejo Patiño, Manuel
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Cambrón Infante, Ascensión
Cremades Ugarte, Javier
Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
Docobo Durántez, José Ángel
Dosil Mancilla, Francisco Javier
Fandiño Veiga, Xosé Ramón
Fernández Prieto, Lourenzo
Fraga Vázquez, Xosé Antón
Galdo Fernández, Fausto
González Castroaguaín, Sonia
González Guitián, Carlos
González Fernández, Martín
Gurriarán Rodríguez, Ricardo
Izco Sevillano, Jesús
Jiménez Gómez, Enrique
Nava Fernández, Salvador
Mato Domínguez, Alfonso
Moreno Castillo, Ricardo
Sanmartín Míguez, J. Santiago
Simón Lorda, David
Sisto Edreira, Rafael
Ponte Hernando, Fernando
Se queres entrar no álbum da ciencia,preme na imaxe: