2ª SEMANA DA RADIO

lunes, 11 de agosto de 2014

Rodrigo Chao: breve biografía

Rodrigo Chao Blanco cursa durante o 2001-2003 os estudos de ilustración na cidade das Burgas na Escuela de Arte Antón Faílde. Pouco despois imparte clases de debuxo, pintura e animación audiovisual na productora Deboura Cultural.
Durante o 2005 percorre todas as editoriais galegas sen obter demasiado resultado. Cando está a punto de desistir, a editorial Baía Edicións (A Coruña) ponse en contacto con el propoñéndolle editar dous libros ilustrados:“ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES” de Rosalía de Castro e “O CONTO DOS SILENCIOS” de Silvia Pazos.
No 2006 realiza as ilustraciones de varios libros de texto de Primaria e Secundaria para a editorial Nova Galicia (Vigo, Pontevedra), os cais serán distribuidos en diferentes países de América do Sur.
No 2007 será a editorial Xerais (Vigo, Pontevedra) quen lle edite dous novos contos: “A CARREIRA DE SACOS” de Silvia Pazos e “NATASHA E DIMITRI” de Antonio Yáñez Casal (libro finalista do Premio Merlín). Por outro lado, a Editorial Galaxia (Vigo, Pontevedra) lle encarga outro libro: “A VOZ DO LAGO” de Antón Riveiro Coello que xa vai pola terceira edición. Tamén participa nun libro colectivo, “A COR DOS SOÑOS” a cargo do colectivo Barbantia (Boiro, A Coruña). Continúa realizando traballos como freelance destacando a elaboración dun mural de 400m2 para o Concello de Meis (Pontevedra) a través da empresa de diseño Imaxina (O Grove, Pontevedra) compaxinando isto cun obradoiro de comic para rapaces do Instituto de Bacharelato de Boiro (A Coruña).
Neste mesmo ano edita “OURIZO CACHO E O GRAN RÍO GRIS” de Rosa Aneiros, editado por Galaxia (Vigo, Pontevedra) e distribuido polo xornal El País.
Inesperadamente, e dado o interese do curso, asiste a un Máster de infografía audiovisual animada 2D e 3D na productora Limaia Produccións (Sandiás, Ourense).
Durante o 2008 e despois de rematar o Máster, decide ampliar o seus horizontes profesionais empezando a traballar como Creador de Layouts, Personaxes e Backgrounds –fondos- na productora Limaia Produccións, para unha producción de Debuxos Animados que se emite no programa Luar da Televisón de Galicia.
Este mesmo ano realiza outros tres contos: “DON POL E O PEQUENO PIN” de Max Portela e editado por Baía Edicións (A Coruña), “UNHA CHEA DE FAMILIAS” de Xosé A. Neira Cruz e editado por Galaxia (Vigo, Pontevedra) e “O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL” tamén de Xosé A. Neira Cruz e editado por Galaxia (Vigo, Pontevedra). Este libro sae ao mercado cun cd da Real Filarmónica de Galicia. As ilustraciones son seleccionadas para a Bienal de Bratislava 2009 e o libro é gañador dos prestixiosos WHITE RAVENS 2009 outorgados pola Biblioteca Internacional da xuventude de Munich (Alemaña), centro de referencia mundial no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil.
Realiza varias ilustracións para incluílas nunha segunda edición de “UNHA CHEA DE FAMILIAS” de Xosé A. Neira Cruz (Editorial Galaxia, Vigo).
Introdúcese tamén no campo do Humor Gráfico facendo traballos para XORNAL DE GALICIA, SANTIAGO SIETE (periódicos dixitais) e o Concello de Boiro (A Coruña).
No 2009 realiza un novo conto na Editorial Xerais (Vigo, Pontevedra),“PINGUEIRAS E TARTEIRAS”, de Teresa González Costa, texto gañador do III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.
Traballa para Galaxia (Vigo, Pontevedra) nunha campaña para promover a Lingua Galega, a expresión artística, o xogo e a  lectura. O traballo consiste na elaboración das ilustracións para un libro que consta de dúas partes ben diferenciadas: “RATO PINCHO”, unha historia de Gloria Sánchez adaptado para teatriños de monicreques, e  “MONICREQUEAMOS”, con texto de Carmen Domech, e que consiste na elaboración das ilustracións para un manual que explica desde como contar unha historia a como construir os nosos propios monicreques.  Nesta campaña tamén crea un cartel para unha obra de monicreques e diseña os decorados e o teatriño onde se vai a representar a obra de Rato Pincho.
Realiza diversas charlas e obradoiros en institutos e colexios e expón en varias cidades (Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña) as ilustracións do libro “O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL”.
Comeza a traballar nun proxecto coa Fundación Pedro Barrié de la Maza que consiste na realización das ilustracións para unha obra científica en forma de libro denominada “EL PÓRTICO DE LA GLORIA CONTADO A JÓVENES Y NIÑOS” con texto do profesor Serafín Moralejo Álvarez, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago e Zóbel de Ayala,  Profesor da Universidade de Harvard.

Actualmente compaxina a Ilustración e elaboración de obradoiros e charlas coa creación de Personaxes, Layouts e Fondos para producción de debuxos animados.