A
vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese
histórico, cultural e intelectual. O seu relato é enteder desde a perpectiva
dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo;
é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de
formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en
Lestrobe… á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou
orixinando a Galicia dos nosos días. Hoxe as investigacións biográficas sobre a
súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda
así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa
complexidade.
Naceu
en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe
Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía
(1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo
(1798-1871). Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis
Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai. O
presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez…fue madrina de una
niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres
incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por
la inclusa”
Non
se pode probar en que fogar -ou fogares- viviu antes de outubro de 1842. Na
tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada –sen precisar datas-
polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa
onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira).
Casa de Rosalía |
Consta
que en 1842 vivía coa súa nai en Padrón, nunha casa da Rúa do Sol (hoxe Xoán
Rodríguez do Padrón), xunto con súa nai, dona Teresa de Castro e Abadía, e a
criada María Martínez. En 1850 trasládase con súa nai a Compostela, onde
participa nas actividades do Liceo de la Juvendud como actriz.
1851-1855: Reside coa súa nai en Santiago
(Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847. En 1854
protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago.
1855-1856: Reside coa súa nai en Padrón, aínda
figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela),
sé do Liceo de la Juventud.
1856-1858: Viaxa en abril de 1856 a Madrid.
Residirá na casa da súa tía María de Castro (Ballesta, 13).
1857: Publica o seu primeiro libro, o
poemario ‘La Flor’ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña
de Murguía.
1858: O 10 de outubro casa con Manuel de
Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: ‘La hija
del mar’. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O
matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”.
1859: Primeira novela, ‘La hija del mar’
(Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1).
Apadríñaa o político Alejandro Chao. Finará en 1937.
1860: O 31 de xaneiro intervén como actriz en
Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de
África.
1861: Reside algún tempo en Madrid. Primeiro
poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” (El Museo
Universal).
Publica por entregas ‘Flavio’, ambientada na Terra de Iria.
Publica por entregas ‘Flavio’, ambientada na Terra de Iria.
1862: Morre súa nai en Compostela de xeito
repentino. Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela.
1863: Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7
-2º (hoxe Praza da Universidade, 4).
Publica ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia (Vigo, Juan Compañel).
Publica ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia (Vigo, Juan Compañel).
1864: Publica o seu único conto en galego
coñecido baixo un título que supón un proxecto máis amplo: “Contos da miña
terra”.
Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que ninguén coñece).
Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que ninguén coñece).
1865: “Las literatas (Cartas a Eduarda)”,
artigo sobre a condición feminina, en Almanaque de Galicia (Lugo).
1866: ‘Ruinas’, novela publicada por entrega
en El Museo Universal de Madrid.
1867: Publica a súa novela máis longa e
ambiciosa: ‘El caballero de las botas azules’.
1868: Murguía é nomeado director do Arquivo
de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.
Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942.
Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942.
1869-1870: En Simancas escribe grande parte do
poemario ‘Follas Novas’. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid
(Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.
Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña.
Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña.
1871:
Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala
e Ovidio. Gala finou en 1964. Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará
na Coruña en 1900.
1872: Segunda edición de ‘Cantares Gallegos’
(Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de
Rosalía.
1873: Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe
Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921.
1875: Nace en Santiago (Senra, 17 principal)
Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois.
1877: Nace morta en Santiago Valentina.
1878-1879: Vive en Santiago, primeiro en Altamira
2 e, despois en Hórreo 9.
1880-1881: Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía
alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrobe.
1880 Publícase ‘Follas Novas”, obra que a
consagra como poeta galega.
A Matanza, Padrón, lugar do falecemento |
1882-1883: Publica un número considerable de poemas
casteláns na Ilustración Cantábrica (Madrid) e en La Nación Española (Buenos
Aires) que recollerá no libro ‘En las orillas del Sar’. Polo menos desde 1883
vive no lugar de A Matanza (Padrón) na que, desde 1972, é Casa-Museo gobernada
pola correspondente Fundación.
1884: Publica o seu último libro de poemas:
‘En las orillas del Sar’.
1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de
xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una
degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no
cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´
hai duda que é encantador…”.
1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver
e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no
mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da
Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos
Ilustres.