Nesta semana da radio tamén pescudamos cal podería ser o futuro do cómic galego. Os novos creadores xa nos amosaron que, co seu talento, chegarán lonxe, mais queríamos saber se as novas tecnoloxías tamén se aliarán con eles. A resposta atopámola na productora Continental que, ademais de adicarse ao mundo do cinema e da televisión, apostan agora polos videoxogos e por... imotion cómic. ¿Que é isto? Pois poder ler cómic a través do iphone, o teléfono móbil.

Para iniciar esta andaina comezaron cun creador que marcou un antes e un despois no mundo do cómic: Miguelanxo Prado. A aplicación para poder ler un dos seus traballos no móbil foi todo un éxito, o que quizais signifique o principio dunha colaboración entre cómic galego e novas tecnoloxías. Quen sabe ¡
Para saber máis entrevistamos a Carlos Fernández, dtor. de Continental Games (área dedicada a videoxogos en Continental Producciones), unha das persoas que está detrás desta aplicación.