Para rematar esta semana adicada ao cómic, e despois dunha charla onde se falou de como se fan os cómics (tipos de viñetas, bocadillos, personaxes, etc), os rapaces e rapazas da ESO decidiron poñerse mans a obra e crear os seus propios traballos. Moitos deles non só son grandes lectores, senón ademáis teñen un gran talento á hora de inventar unha historia e plasmala no papel. Quen sabe, quizais algún destos alumnos chegará a facerse un oco neste mundo.
