2ª SEMANA DA RADIO

jueves, 15 de abril de 2010

Vanessa Durán

VANESSA DURÁN é autora de estilo manga e ten participado en media ducia de fanzines. Debutou profesionalmente no mundo do cómic en 1996 con "Uno Entre un Millón" e ao ano seguinte comezaría a súa primeira serie, "Sheol", ambos editados por Camaleón Ediciones. Desde 1997, e como debuxante por conta propia, ten publicado traballos en revistas como "Kame", "Minami 2000", "Nautilus" además de en prensa xeralista. En 2000 comeza a súa proxección internacional, cando publica as súas ilustracións no libro canadense "Big Eyes, Small Mouth". Gañou o premio ao mellor manga no I Salón do Manga de Barcelona.