O venres 22 de xaneiro estivo na nosa escola Jacobo Fernández, gañador do premio Merlín 2009, o galardón máis apreciado en Galicia no eido da literatura infantil.
Os membros do xurado do Premio Merlín xustificaron a súa decisión salientando que en Mil cousas poden pasar. Libro I, “baixo a premisa da liberdade absoluta, o autor propón ao lector un xogo no que se nos decidimos a entrar a ceibar sen límites a imaxinación, calquera cousa pode xa acontecer”.
Para falarnos
deste libro e tamén da súa obra como ilustrador, pintor e autor de banda deseñada, Jacobo compartiu con nós case unha mañá enteira.
Entre outras cousas Jacobo Fernández é o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, que despois foi publicada nun só álbum. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Ao mesmo tempo, continúa facendo BD para nenos.
Vencedor do III concurso Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007). Candidato aos premios do Salón de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi. Agora, como gañador da última edición do Premio Merlín de literatura infantil a súa carreira continuará pola senda do éxito.