2ª SEMANA DA RADIO

lunes, 19 de abril de 2010

Entrevista a Emma Ríos



EMMA RÍOS traballa como arquitecta, ilustradora e autora de cómic, campo este no que se caracteriza por un estilo próximo ao manga. Colaborou entre outros cos fanzines "El bolchevique vespertino", "Esto es la guerra", "Mensajes en una botella" e "Comikaze". É a guionista e debuxante de "A prueba de balas", unha historia de acción futurista que comezou en formato fanzine e que se iniciou como cómic por imprenta coa incorporación da autora ao colectivo Polaqia. Convidada a Angoulême polo fanzine L´inédit 2006, e ao salón de Andenne (Bélxica, 2005 e 2006). Realizou as ilustracións: Sam & Twitch, especial Spawn (Delcourt, 2006), 10th Muse (Bluewater Productions), e na revista francesa de rol e sci-fi "Casus Belli" números 37 e 38. Tamén colaborou como free-lance coa empresa de animación Deboura. Acadou moito éxito grazas aos as súas ilustracións en cómics como Los Reyes Elfos e Hexed, para o mercado norteamericano.