A nosa 3ª Semana da Radio, nesta ocasión adicada ao cinema na nosa terra, tivo tamén un oco para a animación feita en Galicia. Grazas a productoras como Bren ou como Dygra a animación galega está a altura da de calquera outro lugar. Películas como "O bosque animado", "Nocturna", "O espíritu do bosque"… son cintas que triunfan a nivel nacional e incluso noutros países.
Para falarnos do mundo da animación, neste caso con plastilina, pasaron polo noso cole Tomás Conde e Virxinia Curiá autores da curtametraxe “O soldadiño de chumbo”.
Esta curtametraxe de animación con plastilina baseada no conto de Andersen está ambientada no "Museo Galego do Xoguete" de Allariz. Traballaron nela, ademáis dos citados directores, Emilio Aragón, Pancho casal, Chelo Loureiro, Iria Castro, Ana Fernández, Pablo Suárez, Carlos Amoedo, Ana María, ... e máis, e máis, e máis. Tamén a xente de Cinemar co son, Estudios Finisterre en postproducción e Image Film na filmación e etalonaxe. As voces dos protagonistas son dos coñecidos Luís Piedrahita e de Manuel Manquiña.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil gozaron con esta curtametraxe e tamén con algunhas máis da serie “¿E por que?”, para a prevención de accidentes infantís.
Máis tarde algúns dos alumnos da ESO lles fixeron unha entrevista a Tomás Conde e a Virxinia Curiá sobre o seu traballo.
Esperamos contar novamente con eles para voltar a presentar na nosa escola algunha cinta máis.