2ª SEMANA DA RADIO

lunes, 20 de abril de 2009

Programas da ESO

Como experiencia enriquecedora e cun claro obxectivo de motivación, tres grupos de alumnos da ESO (de 1º e de 2º) elaboraron uns programas de radio onde se mesturasen cinema e literatura. Dous dos programas ademais, debido a asignatura onde nacen, están en lingua inglesa.

Un dos fundamentos desta Semana da Radio, xunto coas anteriores edicións, é a de que os alumnos/as participen e formen parte activa desta experiencia. É un xeito distinto de aprender que sin a colaboración dos profesores dificilmente podería levarse a cabo. A resposta dos rapaces, coma sempre, supera o esperado.

Debemos dicir que unha alumna de 2º da ESO, Nair, traballou na elaboración dun dos programas pero a súa voz non aparece porque o día da gravación estivo enferma. Dámoslle a ela tamén as grazas polo seu esforzo.

Estes mesmos alumnos, os de 1º da ESO, son os que elaboran o seu propio blog adicado aos libros:

http://www.elclubdelamedianoche.blogspot.com/