2ª SEMANA DA RADIO

sábado, 21 de marzo de 2009

Marta Larralde


Marta Larralde é unha xove actriz galega nacida en Vigo en abril do ano 81.

Aínda que se formou como realizadora cun Ciclo Superior de Realización na Escola de Imaxe e Son de Vigo, e comezou traballando detrás da cámara como guionista, directora e axudante de dirección, sentiuse atraída pola interpretación e converteuse nunha das actrices galegas con máis proxección tras ser elixida de forma casual en 2001 para protagonizar a largometraxe Lena, de Gonzalo Tapia.

Dende entón participou en varias películas, destacando León y Olvido, e a súa breve aparición en Mar Adentro, así como en varias produccións da TVG ou un papel fixo na undécima tempada da serie televisiva Hospital Central.

A súa formación inclúe cursos teatrais, de animación, vocalización, danza e expresión corporal.

Outras das películas onde podemos atopar a Marta Larralde son: O lapis do carpinteiro, El penalti más largo del mundo, Días azules, Hotel Tivoli o 4000 euros. Algúns dos premios acadados na súa carreira son o de Mellor Actriz no Festival de Cine de Toulouse, Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary, Mellor Actriz en Black Nights en Tallín-Estonia ou o Premio Mestre Mateo a Mellor Actriz.

Marta achegouse a nosa 3ª Semana da Radio para compartir con algúns alumnos e alumnas as súas vivencias e os seus soños de futuro.