A educación actual non debe perder de vista o mundo que nos rodea, onde os medios de comunicación son parte esencial. Compre que estes medios se inclúan no eido educativo como ferramentas que favorezan o desarrollo de todas as capacidades dos rapaces.
Organizar unha Semana da Radio é perseguir unha serie de obxectivos que se integren nunha experiencia enriquecedora. Non se trata soamente das áreas de lingua, cos beneficios que isto conleva, senón, ademais, o asentamento do traballo en equipo, da colaboración e da curiosidade pola sociedade en xeral.
Esta 2ª Semana da Radio tamén pescudaba como finalidade dar a coñecer a música da nosa Galicia, pasado e presente, e se cadra prever os camiños que collerá no futuro. Galicia, igual que o resto do mundo, funda na súa terra influenzas de fóra, participando nunha mestizaxe que crea unha arquitectura musical descoñecida ata agora.
Tratamos, a través destas entrevistas a músicos, descubrir cal é o camiño que leva a música galega neste mundo cambiante. Cuestións como a propia mestizaxe, a piratería, os inicios musicais... son cuestións que foron tratadas e que nos descobren un mundo novo. Un mundo que se asenta nas nosas raíces, e que medra co único rumbo da universalidade.
Esperamos que en próximas edicións da nosa Semana da Radio podamos seguir espallando a cultura galega, poñer o noso pequeno gran de area para que a nosa cultura chegue aos rapaces e que estes descubran a riqueza da nosa terra. A literatura, o cinema, o teatro... son propostas. O curso novo dirá...