2ª SEMANA DA RADIO

miércoles, 4 de junio de 2008

Lorena Freijeiro: a nosa fiestra a historia da música galega


Cando xa dábamos por pechada a 2ª Semana da Radio, de súpeto, abriuse unha oportunidade para seguir coñecendo a música da nosa terra, neste caso, na súa faceta máis tradicional. Non hai tantos anos estudou no noso colexio unha rapaza que co tempo chegaría a ser a primeira licenciada en gaita da nosa terra: Lorena Freijeiro. Esta antiga alumna, nacida no ano 83, adicou unha gran parte da súa vida a este intrumento, sendo alumna dalgúns dos máis grandes gaiteiros, nomes propios como Carlos Núñez, Xose Luís Miguelez, Xose Manuel Budiño, Patrick Molar…
Ademais de ser profesora de música de primaria, (fixo as prácticas tamén no Divino Salvador), é actualmente profesora de de gaita galega no Conservatorio da Guarda, no Conservatorio de Ponteareas e na Escola de Bandas de Gaitas da provincia de Pontevedra.
Na súa traxectoria atopamos unha chea de concertos e colaboracións; a lista sería interminable: concertos con Carlos Núñez, colaboración con The Chieftains, solista no festival de Rudolstadt (Alemaña), participación coa Banda de gaitas “Provincia de Pontevedra” en festivais intercélticos (Ortigueira, Francia, República Checa, New York)…
Cos seus recén cumpridos vintecinco anos, non só poderíamos falar moito do seu pasado e dos seus logros no mundo da música, senón tamén, e isto é máis importante ainda, do futuro prometedor que ten por diante.
Co motivo da celebración das Letras Galegas, achegouse Lorena ao noso centro para dar dúas charlas, unha aos máis pequenos e outra aos alumnos/as de Primaria, sobre a gaita e a súa historia.