2ª SEMANA DA RADIO

miércoles, 16 de abril de 2008

Samuel Leví


A segunda entrevista prevista para esta Semana da Radio foi a un cantautor, xénero musical quizais non tan de moda coma outros, pero que tamén está debuxado no panorama musical galego presente.
Samuel Leví é un cantautor de vintecinco anos que se achegou ao colexio para falarnos da súa música e sobre todo, de como considera que está o mundo da música agora, en que o pirateo impide ter ventas masivas.
Neste caso non quixemos centrar as preguntas nun pequeno grupo de rapaces, senón que Samuel enfrontouse ás preguntas que lle foron facendo todos os alumnos/as de 1º e 3º da ESO.
Falamos sobre todo do difícil que resulta comezar no mundo da música actual por mor da piratería, que fai que as discográficas non aposten por novos valores. Falouse tamén de que sacar un disco non asegura tampouco un futuro, (Samuel ten un álbum de título “Turno de noche”). Pero mostrounos que cando un escolle un camiño, sexa cal sexa, un debe loitar por seguilo e acadar os seus soños.

Finalmente, dicir que descubrimos a vida de Samuel Leví, os seus inicios na nosa cidade, o seu paso por Madrid ou por Cuba, onde permaneceu un par de anos, as súas esperanzas e as súas ilusións. A historia de Samuel Leví é distinta a que nos ofreceu o día anterior Eva Carreras, favorecida polo medio televisivo, pero ambos comparten que a música forma parte das súas vidas como algo esencial, algo que os abre aos demais.