Sacar un disco ao mercado non resulta tarefa fácil na actualidade, en que a piratería fai que as discográficas non arrisquen con novos valores. Sacar un disco e ademais producido por Alejo Stivel, un dos máis grandes produtores musicais do páis, é aínda máis complicado. O noso seguinte convidado á Semana da Radio conseguiu facelo.
Mon iniciou a súa andaina musical cun grupo chamado Lombardi, co que gravou un disco, para despois lanzarse a unha carreira en solitario, acompañado da súa propia banda. Co seu estilo, que navega entre o rock e o pop, sacaría un disco e proximamente novo traballo.
Ser de Nigrán non foi un hándicap para el, como tampouco ser curmán de Iván Ferreiro (Los Piratas), xa que desde o principio buscaría a súa propia esencia e o seu propio estilo.
A charla cos alumnos de 4º da ESO centrouse sobre todo no panorama da música e como está cambiando por culpa da piratería, do nacemento de novas tecnoloxías, e cara onde irá no futuro a gravación de discos. Contounos, cunha morea de detalles, como e canto custa gravar un disco. O difícil que resulta logo vendelo e labrarse un futuro nun mundo cheo de figuras televisivas e onde os medios de comunicación apostan por valores seguros. Mon estivo unha hora con nós e coa súa simpatía conseguiu gañarse non só aos rapaces, senón ademais, interesalos polos pormenores, a veces ocultos, do mundo da música galega.