Este proxecto que puxemos en marcha este curso xunto coa Escola Mestre Estadella de Lérida partía da base de establecer lazos de amistade entre rapaces e rapazas de diferentes comunidades autónomas e, polo tanto, de diferentes realidades sociais. Estes lazos comezaron a realizarse mediante un intercambio de cartas e fotos, mais cara finais de curso os mestres e mestras implicados no proxecto decidimos dar un paso máis. A tecnoloxía actual permítenos facer unha videoconferencia de forma sinxela sen contar con grandes medios técnicos. Deste xeito, puxémonos mans á obra e, coa dificultade de cadrar horarios, realizamos unha videoconferencia. Aquí tedes unhas fotos que ademais amosan os dous lados desta iniciativa.
Semana da Radio
Colexio Divino Salvador
2ª SEMANA DA RADIO
jueves, 24 de mayo de 2018
miércoles, 23 de mayo de 2018
O caderno da amistade
O primeiro intercambio que fixemos entre os dous grupos de alumnos e alumnas foi un caderno que comezou a súa andaina en Lérida. Este "Caderno da amistade" trouxo ata nós moita información sobre a súa vila, os seus costumes e tradicións, e tamén unha carta de presentación de cada rapaz e rapaza. Nós, aquí en Vigo, recibimos este caderno como un auténtico agasallo e engadimos nel información da nosa cidade e tamén do noso día a día. Por suposto, os nosos alumnos e alumnas, a quen adxudicamos un amigo e amiga de Lérida, respostaron ás cartas con verdadeiro interese e agarimo.
Aquí tedes unhas fotos do caderno. O caderno da amistade.
martes, 15 de mayo de 2018
O caderno da amistade
Estes eran os nosos obxectivos á hora de poñer en marcha este proxecto:
Obxectivos
- traballar a comprensión e expresión oral e escrita en
español.
- intercambiar cartas, traballos,
obxectos...
- traballar métodos de presentación
escrita e estrutura da carta.
- falar vía webcam- expor festas e
tradicións que temos en ambas as escolas en grupo.
- gañar riqueza cultural, coñecemento
xeográfico e dos nosos territorios.
- gañar destrezas na tecnoloxía da
aprendizaxe e o coñecemento.
- coñecer novas formas de
comunicación.
- gañar habilidades na exposición en
público.
Proceso de traballo
Outubro.
1º envío: enviamos un caderno coa foto de cada alumno e
unha pequena presentación. deixamos unha páxina en branco entre un alumno e o
outro.
Decembro.
2º envío: cando recibades o caderno, facedes o mesmo que
nós, pero vostede como profesor asigne un alumno da nosa escola cun alumno da
vosa. xa que posteriormente as parellas poderannos servir para escribirse
cartas.
Febreiro.
3º envío: escribimos unha carta para a parella que nos
tocou e que nos gustaría saber do voso colexio. ademais, enviamos algunha cousa
pequena de pouco valor material nunha caixa para nosa parella. (pode ser un
debuxo, unha pulseira, un caramelo?.)
Marzo.
4º envío: facedes o mesmo. durante o terceiro trimestre
facemos vídeos por grupos para falar das festas e actividades que facemos. a
parte facemos conexións vía webcam para falar coas nosas parellas. no caderno
tamén podemos intercambiar noticias interesantes durante o período que a
teñamos.
Resultados esperados
- mellorar a comprensión e expresión oral e escrita en
español.
- mellorar a presentación das
tarefas.
- saber utilizar a estrutura dunha
carta para lela.
- saber como auto-presentarse a un
compañeiro.
- gañar riqueza culturalmente,
coñecemento xeográfico e dos nosos territorios.
- ser máis tolerante cos outros.
- gañar destrezas na tecnoloxía da
aprendizaxe e o coñecemento.
- coñecer novas formas de comunicación
dixital.
- gañar habilidades na exposición en
público.
O caderno da amistade
Un ano máis embarcamos nun proxecto que ilusione e motive aos nosos rapaces e rapazas. Este curso toca facer unha experiencia con 3º de Primaria. Queremos que os rapaces coñezan outras realidades diferentes da súa e que aprendan a relacionarse con outros nenos e nenas. Ademais, aproveitando esta relación, perfeccionamos a comunicación oral e escrita que será tan necesaria ao longo da súa vida.
A comezos do curso puxémonos en contacto cunha escola de Lérida ( ESCOLA MESTRE RAMON ESTADELLA I TORRADEFLOT) e creamos xunto coas súas mestras un "Caderno da amistade". A idea era sinxela: intercambiar información sobre o noso entorno e os nosos costumes, e aproveitar para xuntar aos nenos por parellas para que se escribiran entre eles. É dicir, ter un amigo/a doutra Comunidade Autónoma e a través del aprender como se vive noutros lugares.
Como escribimos na presentación do proxecto na páxina europea eTwinning:
Como escribimos na presentación do proxecto na páxina europea eTwinning:
"En nuestra escuela hablamos siempre en catalán a excepción de las asignaturas de castellano e inglés. Aunque no tienen mal nivel y entienden bien el castellano, vemos que nuestros alumnos tienen cierta dificultad por expresarse en Español especialmente en la expresión oral. Así pues, la idea es hacer actividades o intercambios para que nuestros alumnos de 7 años se comuniquen con otros alumnos de otra comunidad autónoma y adquieran un mejor dominio del castellano.
En la nuestra, el plurilingüismo es la nota dominante. Los alumnos deben expresarse en español, en gallego y en inglés. Este proyecto busca el desarrollar las destrezas básicas de comunicación en una tarea altamente motivante como es el tener amigos de otra Comunidad.Dos colegios, dos realidades, y un puente entre ellos: la amistad."
Suscribirse a:
Entradas (Atom)