2ª SEMANA DA RADIO

miércoles, 23 de mayo de 2018

O caderno da amistade

O primeiro intercambio que fixemos entre os dous grupos de alumnos e alumnas foi un caderno que comezou a súa andaina en Lérida. Este "Caderno da amistade" trouxo ata nós moita información sobre a súa vila, os seus costumes e tradicións, e tamén unha carta de presentación de cada rapaz e rapaza. Nós, aquí en Vigo, recibimos este caderno como un auténtico agasallo e engadimos nel información da nosa cidade e tamén do noso día a día. Por suposto, os nosos alumnos e alumnas, a quen adxudicamos un amigo e amiga de Lérida, respostaron ás cartas con verdadeiro interese e agarimo.

Aquí tedes unhas fotos do caderno. O caderno da amistade.