2ª SEMANA DA RADIO

jueves, 29 de enero de 2009

3ª Semana da Radio

O novo curso percorre o seu camiño. A comunidade educativa vai trazando o seu percorrido coa ollada posta no mes de xuño, tratando de que nesas datas os rapaces cumpran os seus obxectivos. Un ano máis é labor de todos inculcar esa curiosidade nos nenos para que xermole un espíritu aberto, participativo e social. Trátase de que aprendan a convivir neste mundo que lles toca vivir, que se preparen para ese futuro que chegará pronto e se convirtan en homes e mulleres dos que estar orgullosos.
A Semana da Radio inicia a súa andaina un curso máis con estas mesmas propostas educativas. Artellamos esta experiencia educativa co propósito de achegar os medios de comunicación aos alumnos/as, de facerlles partícipes deles. Nun mundo cada vez máis audiovisual o coñecemento das novas tecnoloxías, a súa aplicación ao servizo da comunicación, semella un argumento máis que interesante para fundamentar estes poucos días adicados á radio.
Neste curso "o cinema en Galicia" será a base para esta nova experiencia. O audiovisual galego medrou moito nos últimos anos e a nosa terra convertiuse nun referente nacional e internacional en, por exemplo, cinema de animación. Descubramos pois o cinema que nacendo na nosa Galicia tenta abrirse paso por todo o mundo...