| Pekka Poro, a mascota de Finlandia |
A segunda mascota en chegar fíxoo dende un país ben lonxano, Finlandia. Alí podemos atopar o colexio Maunulan yhteiskoulu ja Helsingin
matematiikkalukio, de Helsinki. A súa mascota chamábase Pekka Poro e viña coa vestimenta propia do país, un dos traxes tradicionais.
Pekka Poro non chegou a tempo de pasar connosco o Nadal e coñecer de primeira man como celebramos nós estas festas. Ademais, foi un Nadal moi especial porque o noso centro celebraba o seu 50 aniversario. Pero sí que puido pasar momentos de moita ledicia cos rapaces e rapazas de 5º de Primaria.
| Pekka Poro no porto de Vigo |
Este curso, ademais deste proxecto, estivemos metidos nalgún outro. Todo sexa para non aburrirnos e para facer a ensinanza máis emocionante. Un deses proxectos levounos a participar no concurso do xornal escolar que propuxo por segundo ano o Faro de Vigo. Durante varios meses estivemos escribindo artigos e facendo entrevistas para ao final confeccionar o noso xornal, que quedou máis que chulo.
Pekka Poro acompañounos nalgunha das saídas que fixemos. Neste caso ao auditorio Mar de Vigo.
| Iris con Pekka Poro na entrada do auditorio Mar de Vigo |
| Dentro do auditorio |