Despois de dedicarnos un tempo en abril do ano 2012, D. Abel Caballero volveu na xornada de hoxe ao noso centro para parolar uns minutos cos alumnos e alumnas de 5º de Primaria.
As dúas clases de 5º están (estamos) realizando un xornal escolar. No caso de A, este xirará arredor dos últimos cincuenta anos e, por suposto, non podía faltar o Alcalde para falarnos da transformación da cidade nestas décadas.
Foi unha longa batería de preguntas onde tivo cabida un pouco de todo: dende as súas lembranzas de cativo ao futuro que lle agarda a Vigo, ou os problemas que aínda quedan por solucionar.
Dentro duns días, poñerevos á vosa disposición neste mesmo blog a entrevista para que poidades escoitala.

